Castelo do Pico do Porto
Imaxe: Manuel Gago
Pequena fortificación emprazada nun rechán no alto do Monte Pico do Porto. O castelo fai a divisoria entre os municipios de Dodro e Rois. Consiste nunha plataforma duns 24 metros de diámetro, elevada artificialmente sobre o terreo circundante a base de terra e usando, posiblemente, pedras para a contención da terra. A plataforma é circular e presenta unha pequena elevación nos bordes que pode suxerir a existencia dunha muralla ou unha estacada moi destruída na actualidade.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-AQ024
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Época altomedieval
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Casa do Porto
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
É parte dunha superficie de explotación forestal e, polo tanto, está sometido continuamente á acción da maquinaria. Ao non estar inventariado, esa acción faise sen ningún tipo control.
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.74836837177 , -8.7107355994601
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.