Busca

Amosando 3721 - 3744 de 3964 resultados da busca.

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o haxiotopónimo Santa Comba, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, sendo confirmado na propia zona.

O lugar atópase moi alterado, posto que a súa maior parte está ocupado por vivendas e pistas, sen…


Valga - Santa María de Xanza | Arqueoloxía

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o topónimo, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, correspondendo a unha serie de fincas emprazadas na ladeira suroccidental do Monte Ouroso. En concreto localízanse varias denominacións asociadas, dentro do polígono 24, cos nomes de Sanpayo (65 parcelas), San Paio da Granxa (11 parcelas) e Arriba de San Paio (6 fincas).…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

O túmulo, alterado polas actividades forestais, presenta un pequeno afundimento na parte central, que podería corresponder a un buraco de violación colmatado. Por toda a súa superficie poden observarse pedras de seixo branco, de tamaño medio, e que poderían formar parte da coiraza pétrea.


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Situada a uns 80 metros ao norte do Túmulo Nº 1 da Pedra do Viño. Neste caso non se observan restos de compoñentes pétreos que poidan asociarse (cámara, coiraza...). Si pode observarse un certo afundimento central, que podería ter correspondido a un buraco de violación, xa colmatado. Aparece alterado na súa contorna…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Situado á dereita da estrada de Martores a Requián, emprázase nun pequeno rechán da dorsal do Monte Ouroso, e na valgada pola que discorre un pequeno afluente que dá ao rego de Vilariño. Localízase con facilidade dende a estrada, destacando na súa contorna inmediata, libre de vexetación arbórea. O túmulo ten unhas pequenas dimensións e atópase bastante esmorecido, seguramente polos traballos de repoboación forestal…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela. No termo municipal de Valga, o camiño percorre as parroquias de Cordeiro e Valga, non perdendo de vista en ningún momento ao río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Localizouse durante a revisión da microtoponimia catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo posteriormente inspeccionada a zona no traballo de campo. Trátase dunha paraxe inmediata ao paso da vía do ferrocarril Pontevedra-Santiago, que actualmente permanece inculta na súa maior parte.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Localizouse durante o baleirado catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo revisada a zona sen documentarse evidencia arqueolóxica algunha. A pesares dos dous topónimos Castro e Foxo, e da confirmación sobre a existencia dun tramo do Camiño Real (hoxe asfaltado), non é posible verificar ningún indicio de índole arqueolóxica. Debe recoñecerse que toda a superficie se atopa moi…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse nas listaxes catastrais, o haxiotopónimo que coincide nunha zona de cruce de pistas, con algunha vivenda, situado a escasa distancia, cara o norte, da igrexa parroquial de San Salvador de Setecoros. Non se observa indicio algún de vestixios antigos, nin tampouco puideron conseguirse referencias sobre a orixe da denominación.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, detectouse o topónimo durante a revisión das listaxes catastrais actuais, confirmándose a súa localización en campo, coincidindo o emprazamento cunha zona de terrazas en ladeira, que mira cara o val do río Louro. Non se observa vestixio algún de estruturas nesta zona, e tampouco, durante as enquisas realizadas, se recolle referencia oral algunha sobre a…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

O topónimo Castelo aparece en planimetría recente, situándose no límite entre Valga e A Estrada, e moi próximo ao linde destes dous concellos con Cuntis. Sen embargo, en inspección realizada para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non ofreceu resultado positivo algún, ao non terse localizado indicios estruturais claros en ningunha das zonas revisadas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, detectouse o topónimo durante o baleirado e revisión das listaxes catastrais actuais, sendo posteriormente comprobado en campo. A revisión realizada resultou infrutuosa, ao non terse identificado na zona (situada ás aforas do núcleo de Raxoi, na parte baixa cara o sur-suroeste) indicio algún de natureza arqueolóxica.


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Xacemento xa catalogado nos estudos previos da concentración parcelaria na parroquia de San Miguel de Valga no 2004, mais non localizado na actualidade.

No informe do 2004 describe “soporte: afloramento granítico orientado cara ó O cunhas dimensións de eixo N-S 2,5 m. E eixo L-O 1,8 m. Motivo:…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Rocha granítica situada a carón da estrada que se dirixe dende Martores a Requián. Presenta unha orientación noroeste-sueste de 2,70 por 5,20 metros de longo. Neste soporte, e nun panel figurativo de 2,70 por 2,20 metros, están representadas 7 cruces latinas, unha delas con pé. Presentan unhas dimensión medias de 20 por 10 centímetros. Están bastante erosionadas, salvo a que presenta o devandito pé, que ten un suco…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Túmulo de grandes dimensións situada nunha plataforma localizada no límite entre Valga e  A Estrada, tendo ao sur o río Valga e ao norte a estrada que vai dende Martores a Requián. Presenta un buraco de violación central moi colmatado, no que se aprecian dúas pedras graníticas interpretables como dous ortostatos da suposta cámara funeraria do túmulo. Na súa superficie poden apreciarse pedras graníticas…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

A parcela sitúase nunha elevación sobre o río Valga, nunha zona agrícola. Trátase dunha antiga casa grande cunha planta en L. No seu lado máis longo engadíuselle outro corpo. Muros de cachotería de pedra. Carpinterías de madeira de faces exteriores. As cubertas son inclinadas e rematadas en tella do país. A finca posúe edificacións adxacentes como alpendres, hórreo e pombal, todos en pedra.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura civil

Este edificio, que destaca pola súa sobriedade e racionalidade construtiva, está feito nun soar elevado con respecto á rúa, o que lle permite ter amplas vistas e unha situación destacada na contorna. O recinto está pechado por un muro de pedra no que se integra unha escalinata central para poder acceder a el.

Trátase dun edificio dun só andar, de…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.

Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste.

A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira en ser construída e a única da comarca da que hai…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.

Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo contan os veciños, fai uns anos, cando se estaba a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos situados ao carón do bar A Casa Vella, no lugar da Torre.

Existiu nesta finca un forno de cocer tella. O forno dá nome á parcela que o albergou, Finca O Telleiro. Do forno non quedan restos e ninguén se lembra de cando funcionaba. O terreo está…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba moi próxima ás vías do ferrocarril e baixo o cable do transporte funicular aéreo que unía a Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) co…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial