Petróglifo da Cruz do Valado

Petróglifo da Cruz do Valado - Valga - San Miguel de Valga

Rocha granítica situada a carón da estrada que se dirixe dende Martores a Requián. Presenta unha orientación noroeste-sueste de 2,70 por 5,20 metros de longo. Neste soporte, e nun panel figurativo de 2,70 por 2,20 metros, están representadas 7 cruces latinas, unha delas con pé. Presentan unhas dimensión medias de 20 por 10 centímetros. Están bastante erosionadas, salvo a que presenta o devandito pé, que ten un suco en V máis acusado. As demais teñen un máximo de 3 centímetros de ancho de suco e non máis de 0,5 centímetros de profundidade do mesmo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ039
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce-Idade do Ferro
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: A Cruz do Valado
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A rocha preséntase cortada no seu lado oeste polas actividades extractivas de pedra. Presenta unha capa vexetal considerable e a invasión de pequenas especies arbustivas na pedra. Os motivos gravados atópanse erosionados polos axentes naturais. Por último, resaltar que a proximidade coa estrada que vai a Requián, puido ter afectado coa súa realización á configuración orixinal dos motivos e do soporte.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-40: GA36056023)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


A Veiga

Necrópole dos Martores

Agro do Castro

Túmulo Nº 2 da Pedra do Viño