Túmulo Nº 3 da Pedra do Viño

Túmulo Nº 3 da Pedra do Viño - Valga - San Miguel de Valga

Situado á dereita da estrada de Martores a Requián, emprázase nun pequeno rechán da dorsal do Monte Ouroso, e na valgada pola que discorre un pequeno afluente que dá ao rego de Vilariño. Localízase con facilidade dende a estrada, destacando na súa contorna inmediata, libre de vexetación arbórea. O túmulo ten unhas pequenas dimensións e atópase bastante esmorecido, seguramente polos traballos de repoboación forestal. Presenta en toda a superficie especies arbóreas (carballos e piñeiros) e en zonas poden apreciarse pedras da coiraza de pequeno e mediano tamaño, predominando as de material granítico. Presenta un buraco de violación na parte central, lixeiramente colmatado.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ023
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico-Calcolítico-Idade do Bronce
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Martores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Presenta un rebaixe da coiraza pétrea, probablemente por labores de repoboación forestal. Pódense apreciar pedras de pequeno e mediano tamaño graníticas e cuarcíticas, probablemente integrantes da coiraza. Tamén se pode observar un buraco de violación central no túmulo, lixeiramente esmorecido. A presenza de especies arbóreas no propio túmulo, tamén fai presupoñer a alteración das súas dimensións e morfoloxía orixinais. A construción dun campo de golf na contorna, foi a última actuación que acabou por estragar definitivamente o túmulo.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-38: GA36056019)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Cerneira

Necrópole dos Martores

Agro do Castro

Castroverde