Busca
Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Situado á beira do Camiño Portugués, no treito que discorre entre o Pino e a Medela. Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior. Está pechado polo leste por un muro de cachotaría granítica asentada en seco, de 6,8 metros de longo por 1,3 metros de ancho.…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar de Ponte Valga. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto. Piares de soporte e cuberta en formigón, rematada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía a base de bloques graníticos e piares de suxeición da cuberta de granito.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén en granito con sección cadrada. Cuberta de formigón con acabado en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén de pedra. Cuberta de formigón.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte formada por bloques graníticos. Lavadoiro coa pía de bloques graníticos e estrutura da cuberta en formigón, con cubrición de placas de fibrocemento e tella ao exterior.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Cedelo, coa pía e piares de granito e a cuberta de formigón.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Muro perimetral de granito. Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares extremos tamén de granito e piares intermedios e cuberta de formigón, rematada con tella curva.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte e pía de bloques graníticos, semisoterrados con respecto ao nivel do solo, no lugar de Laxes.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía formada a partir de bloques graníticos.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Muros exteriores de cachotería granítica. Pía e piares tamén de granito. Cuberta a dúas augas rematada en tella do país.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Pía formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Lavadoiro de pía formada por bloques pétreos, piares de pedra de sección cuadrangular e cuberta de formigón con acabado en tella. Fonte tamén de pedra.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía de granito e cuberta de formigón.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte elaborada de bloques graníticos. Pía de bloques graníticos e cuberta rematada con tella do país.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos e cuberta de formigón.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, no val situado ao oeste do Monte da Chan, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotaría granítica asentada en seco. Tellado a dúas augas, parcialmente derrubado no sector sueste, aínda que conserva todas as vigas que sosteñen o tellado. Os vanos están alintelados con perpiaño. Conserva a roda de moer.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular con muros de cachotería. Cuberta de placas de fibrocemento. Conserva maquinaria no seu interior.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica, coas xuntas unidas con cemento. Á planta orixinal do edificio en pedra, foille engadida posteriormente un anteporche lateral de ladrillo con pousadoiro e un sobretellado avanzado a xeito de tomachuvias. A porta, con cruz gravada na padieira esquerda, está composta por unha folla de madeira. A parede da canle…