Busca

Amosando 49 - 71 de 71 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de imaxe situado no Cemiterio de Matanza. Está construído directamente sobre un pedestal cilíndrico e unha parte superior moldurada. O fuste comeza en forma cadrada cunha das caras decoradas cunha escena. Despois unha pequena moldura de sección octogonal, un treito do eixo coa mesma sección e finalmente o resto do eixo en forma cilíndrica. O capitel, de forma cadrada, vai precedido dunha nova moldura cilíndrica. Está decorado con volutas…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro, localizado no Cemiterio de Adina, do tipo de crucifixo debaixo dunha oliveira, propiedade da familia Freire-Lozano. Componse dunha base de granito sobre o que se coloca un escalón cuadrangular. Sobre a cara frontal do mesmo hai unha placa de cor gris coa seguinte lenda: "Propiedad de la Familia Freire Lozano". O capitel é de forma octogonal e ten uns…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz erixido sobre seis grandes pedras de granito, onde segundo a tradición predicou o Apóstolo Santiago. Trátase dun cruceiro sinxelo de cruz lisa, sen imaxes, capitel simple sen peaña nin grada.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal, tamén cadrado, coas caras molduradas e a parte superior chafranada. O capitel comeza cun imoscapo de placas e logo convértese en octogonal. O capitel é cadrado, coas follas recortadas e comeza cunha pequena moldura redondeada. Está decorado con volutas. A cruz é de sección cadrada e ten extremos potenciados. No anverso figura a figura de…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, de estilo barroco do século XVIII, construído en pedra de cantaría. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito cunha escocia na parte superior que remata moldeada. Nunha das súas caras figura a seguinte inscrición: "Ano 1723. Devoción de Agustín Vilar e a súa muller Teresa Lapido". O fuste ou varal comeza cun imoscapo de placas, logo ten unha sección octogonal…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Localizado no interior dunha finca particular. Antes estaba situado en Herbón, mais foi trasladado ao emprazamento actual no 1917. Mandado construír por dona Inés Díaz, a cruz é do ano 1595, sendo unha das poucas desta época con volume nos extremos, moi ornamentada nas cabezas. A imaxe do Cristo é de pequeno tamaño, no reverso a Virxe das Angustias co Redentor nos brazos. Capitel moi sinxelo, varal redondo, imoscapo de placas, peaña esculpida e dous chanzos.

Foi…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, situado no adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace obre unha base irregular. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un relevo moi erosionado na súa parte media. O capitel cúbico dá paso a unha cruz sinxela, de arestas rebaixadas e sen imaxes.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Un capitel cadrado dá paso a unha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, emprazado no atrio lateral norte do Santuario da Escravitude. A cruz é de troncos e representa a Cristo nun lado e á Virxe da Escravitude apoiada sobre anxos no outro. Destaca o capitel, atribuído ao escultor Ferreiro, onde figuran entre outras cousas, catro acios de uvas. O fuste é octogonal, imoscapo de placas, adornos na peaña…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Conxunto de cruces á entrada do Convento de Santo Antonio de Herbón, que forman parte do Calvario de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas

O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas