Busca
Localizado no interior dunha finca particular. Antes estaba situado en Herbón, mais foi trasladado ao emprazamento actual no 1917. Mandado construír por dona Inés Díaz, a cruz é do ano 1595, sendo unha das poucas desta época con volume nos extremos, moi ornamentada nas cabezas. A imaxe do Cristo é de pequeno tamaño, no reverso a Virxe das Angustias co Redentor nos brazos. Capitel moi sinxelo, varal redondo, imoscapo de placas, peaña esculpida e dous chanzos.
Foi…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz, situado no adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace obre unha base irregular. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un relevo moi erosionado na súa parte media. O capitel cúbico dá paso a unha cruz sinxela, de arestas rebaixadas e sen imaxes.
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Un capitel cadrado dá paso a unha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, emprazado no atrio lateral norte do Santuario da Escravitude. A cruz é de troncos e representa a Cristo nun lado e á Virxe da Escravitude apoiada sobre anxos no outro. Destaca o capitel, atribuído ao escultor Ferreiro, onde figuran entre outras cousas, catro acios de uvas. O fuste é octogonal, imoscapo de placas, adornos na peaña…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Conxunto de cruces á entrada do Convento de Santo Antonio de Herbón, que forman parte do Calvario de Herbón.
Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Baseamento de planta cuadrangular formado por dúas gradas. A primeira de considerable altura. O pedestal é de feitío cúbico e labra basta e irregular, en comparación co resto do conxunto. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O corpo do esteo é cilíndrico. O capitel é de feitío troncopiramidal sobre colariño. A cruz é latina, de sección cuadrangular. Mostra as arestas rebaixadas e os cabos florenzados. No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Baseamento de planta octogonal formado por catro gradas. O pedestal é de planta octogonal con inscrición. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O desenrolo é oitavado por rebaixe das arestas laterais e remata nun colariño poligonal. O capitel é de feitío pseudocúbico, integrado no fuste da columna. A cruz ten unha base de planta cuadrangular. O corpo é de sección octogonal. No anverso móstrase a…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Capela de San Paio, con baseamento de planta octogonal composto por catro chanzos. Pedestal de planta octogonal. O varal, monolítico, ten unha base de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No corpo interior da cara sur hai un retablo de ánimas labrado sobre a mesma pedra, actualmente moi erosionado.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro acaroado á parte posterior da Igrexa de Santa Comba de Louro. Baseamento de planta rectangular dun só chanzo. Pousadoiro. Pedestal cúbico. Varal de sección cuadrangular no arranque e no remate, aínda que con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel adopta un feitío…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Atópase nun pequeno outeiro ao carón da Igrexa de Santa Comba de Louro, dende onde se ten un amplo dominio visual sobre a contorna. Baseamento de planta octogonal de tres gradas. O pedestal é un volume achaparrado de sección octogonal. Atópase decorado. Varal monolítico, cunha base de planta cuadrangular e corpo cilíndrico estriado. Capitel de feitío pseudocúbico…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cuadrangular formado por bloques graníticos, de tres gradas. Pedestal ao xeito de nocela apoiada sobre un plinto e rematado no cumio por un bloque de feitío troncopiramidal invertido. Varal monolítico con arranque cúbico e desenrolo cilíndrico. Capitel asentado sobre unha moldura recta e feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina e de feitío cilíndrico.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Por baseamento ten un bloque granítico irregular. O pedestal é de forma pseudocúbica. A cruz é de cantería, feitío latino e sección octogonal por rebaixe das arestas.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
É un exemplar extraordinario pola calidade da súa labra e pola cantidade de anos que teñen pasado por el. Trátase dun exemplar erixido nalgún momento indeterminado do século XVI e presenta características estilísticas que combinan xeitos de facer góticos e renacentistas. Aparentemente erguíase sobre tres gradas, algo que hoxe en día non se pode constatar a causa do detestable trato dado a un elemento tan destacado do noso patrinomio cultural, xa que os predios veciños non…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. Pedestal cúbico, coas arestas superiores chafranadas. Contén restos dunha inscrición. O varal é monolítico, cunha base de sección cuadrangular e corpo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel é de feitío troncopiramidal invertido, comezando nun colariño circular de dobre moldura. Cruz latina, de sección octogonal e cartela floral na cabeceira.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Baseamento de planta cuadrangular composto por catro gradas de bloques graníticos. Pedestal de feitío pseudocúbico. Varal granítico con arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Capitel de morfoloxía cilíndrica na parte inferior e troncopiramidal invertida na superior. Cruz de cemento, de morfoloxía latina, de sección oitavada. Anverso coa escena da Crucifixión e reverso amosando á Virxe de pé, sobre peaña de sección circular.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de desencravo, co baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. O pedestal é de feitío cúbico. Varal monolítico de base rectangular e desenrolo posterior oitavado en progresivo estreitamento ascendente. O capitel ten feitío troncoprismático invertido. A cruz é de tipo latino, con sección ortogonal por rebaixe das arestas laterais, aínda que cos lados desiguais. Anverso amosando a…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Baseamento de planta cuadrangular conformado por tres chanzos cons bloques xunguidos con cemento. Pedestal dun só corpo. Varal monolítico de base con sección cuadrangular e desenrolo oitavado. A cruz é de sección circular con nós de feitío latino. No anverso amósase a escena da Crucifixión e o reverso a imaxe da Virxe.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruz exenta localizada a escasos metros do Camiño Real. Aséntase sobre pedestal cúbico. É de feitío latino. Presenta nós en todo todo o seu desenrolo para imitar unha aparencia leñosa. Sección cuadrangular na base e corpo oitavado por rebaixe das arestas. Está formado por tres bloques líticos: fuste, brazo menor e cabeceira. Carece de inscricións ou gravuras.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruz pintada localizada sobre un afloramento granítico. Está orientada de fronte ao camiño que seguen as procesións.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Baseamento non identificado. Apoia o seu pedestal directamente sobre o firme do camiño. Pedestal cúbico e achatado. O varal ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Presenta un santiño sobre peaña. Non se conserva o capitel nin a cruz.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Baseamento composto por tres gradas de planta cuadrangular decrecente, sobre o que se asenta un pedestal de feitío cúbico coas arestas superiores chafranadas. O desaparecido varal tiña un arranque de sección cadrada e desenrolo octogonal por rebaixe das arestas laterais do fuste. Tamén carece de pedestal e cruz.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Sitúase enriba dunha rocha granítica de considerables dimensións localizada á beira do río Ulla. Forma parte dos cruceiros xacobeos, marcando un fito na ruta fluvial a Compostela. O baseamento é, por tanto, a propia rocha. O pedestal é de feitío cúbico. O varal ten sección cuadrangular no arranque, con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Ensánchase para recibir o capitel xeométrico…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de capeliña. Elemento de valor histórico-cultural singular por tratarse do único cruceiro de capela documentado no Concello de Valga. O seu baseamento ten planta rectangular. Está formado por dous chanzos. Non ten pedestal. O varal é de ampla sección e está estruturado en dous bloques. O arranque e remate é de planta cuadrangular e o desenrolo do corpo oitavado. Presenta restos epigráficos. O capitel cumpre a función de ser a base da capeliña, adoitando…