Cruceiro da Capela da Nosa Señora dos Desamparados

Cruceiro da Capela da Nosa Señora dos Desamparados - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Baseamento de planta cuadrangular formado por dúas gradas. A primeira de considerable altura. O pedestal é de feitío cúbico e labra basta e irregular, en comparación co resto do conxunto. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O corpo do esteo é cilíndrico. O capitel é de feitío troncopiramidal sobre colariño. A cruz é latina, de sección cuadrangular. Mostra as arestas rebaixadas e os cabos florenzados. No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a Virxe do Socorro co Neno.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Cristina de Campaña
  • Lugar: Devesa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-102)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Gándara

Cruceiro do Carballiño

Cruz Nº 2 de Vilarello

Cruceiro da Igrexa Vella