Capela de San Paio

Imaxe: Concello de Valga
Capela de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella. O campanario emprázase enriba da portada, no plano da fachada.
Todos os 2 de febreiro, coincidindo co Día da Candeloria, a Procesión dos Lacóns percorre varios lugares da parroquia de Cordeiro (Vilar, Vilarello, Moldes, As Eiras, Outerio, Ferreirós e Beiro), partindo desta capela e chegando á Igrexa de Santa Comba de Louro, onde unha vez alí os lacóns son poxados. A orixe desta procesión remóntase ao século XIX, cando unha epidemia afectou ao gando, momento este que provocou que os veciños comezaran a ofrecer lacóns aos santos. O 25 de xaneiro, festividade de San Paio, as imaxes de Santo Antonio e San Roque trasládanse desde a igrexa parroquial até esta capela en Vilar, permanecendo algo máis dunha semana, até que, coincidindo coa Candeloria, ambos santos, acompañados de San Paio regresan en procesión.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-AR003
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
- Cronoloxía: Século XVII
- Concello: Valga
- Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
- Lugar: Vilar
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-224)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.696275204894 , -8.7136076406137
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.