Cruceiro da Gándara

Cruceiro da Gándara - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cuadrangular formado por bloques graníticos, de tres gradas. Pedestal ao xeito de nocela apoiada sobre un plinto e rematado no cumio por un bloque de feitío troncopiramidal invertido. Varal monolítico con arranque cúbico e desenrolo cilíndrico. Capitel asentado sobre unha moldura recta e feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina e de feitío cilíndrico. Imita a factura dos vellos troncos de madeira. Anverso cunha Crucifixión e reverso coa Virxe do Carme co Neno.

Foi doado polo emigrante M. Castroagudín Portas no 1900, ao seu regreso de Arxentina. En setembro de 2012 o cruceiro tivo algún contratempo e, tras a súa restauración, foi recolocado a comezos do 2016. A restauración foi obra dos estudantes da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Cimadevila

Cruceiro da Tarroeira

Cruceiro de Baño

Cruceiro dos Martores