Busca
Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Datar esta igrexa é complexo. O seu trazado gótico, con reminiscencias románicas, leva a pensar que sería construída entre os séculos XIII e XIV. O século que si está documentado é o XV. No edificio houbo grandes reformas en datas posteriores: a finais do XVI realizouse a sancristía e no XVIII (1727) o campanario barroco, aproveitando a pedra do derruído …
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura relixiosa
Capela que data do século XVII situada no Porto de Rianxo, vinculada aos señores do Pazo dos Calotes. Orixinariamente situada nun illote que, tras os sucesivos recheos portuarios, foi incorporada a terra firme, reconstruíndose por completo ao trasladala. En 1854…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura relixiosa
Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte do Monte da Dorna. Planta circular de muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga sobre os ocos de acceso das pombas. Cornixa e asoleirado perimetral de lousas de granito.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pombal no interior dunha finca situada na aldea do Monte de Dorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pombal no interior dunha finca situada na aldea da Laxe. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Na actualidade, nada queda deste cine, só unha casa levantada posteriormente no mesmo soar.
Cando Castelao e Bóveda visitaron Rianxo, en xullo de 1934, as mostras de cariño volveron a rexurdir entre a veciñanza, que agardaba na Ribeira a que chegasen procedentes de Vilagarcía.…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
A que fora casa-taberna Rañó, situada no Cabo da Vila, a pouca distancia da casa onde nacera Castelao, propiedade naqueles anos de dona Carme Pérez Tarrío, era o centro de reunións dos federais-galeguistas, partido que fundaran, entre outros, os curmáns de Castelao,…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Esta casa brasonada, que fundara en 1565 o fidalgo Gonzalo Fernández de Bastón, segundo indicou o propio Castelao, está situada onde comeza a rúa do Hospital. Era propiedade dos Aguirre (un dos Aguirre, Sixto, foi “paseado” en Palas de Rei, xunto a Camilo Díaz Valiño, pai de Isaac Díaz Pardo, en agosto de 1936). Os Aguirre tamén tiñan…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Con motivo do primeiro aniversario da fusión da Sociedad del Ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas), esta editou a revista social Rianxo, dirixida polo taragoñés José Otero Otero. Esta publicación naceu animada polo estímulo representativo de Castelao que, a cambio, pintou un gran mural no centro social.
…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Creado por Feliciano Rial Fungueiriño no ano 1946, foi o primeiro lugar de Galicia onde soaron os compases da melodía que hoxe é considerada como o segundo himno galego, "A Rianxeira", versión da canción “Ondiñas do mar” realizada por Anxo Romero e Xesús Frieiro Pinciñas no ano 1947, a instancias da Sociedad de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo en Bos Aires, e interpretada…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Muíño situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal que atravesa Ourolo. Planta rectangular de muros de cachotaría parcialmente enfuscados e cuberta a unha auga de fibrocemento. Fachada principal ao camiño, cunha boca do inferno central baixo unha fiestra de carpintería de aluminio, aberta recentemente.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Muíño situado no lugar de Pastoriza, xunto á fonte e lavadoiro. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella, actualmente derrubada. Está situado a un nivel superior, con acceso desde o camiño mediante escaleiras de pedra e porta alintelada de madeira na fachada lateral…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar da Senra.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Pombal situado nunha finca particular nun extremo de Chorente. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Asoleirado perimetral na parte central, baixo os ocos de acceso das pombas.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pequeno porto pesqueiro situado na parroquia de Taragoña. Ten un longo peirao (130 metros) e a Praia do Porto ao seu carón.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar de Ourille.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Iñobre.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Capela que data do ano 1644, mandada construír polo fidalgo Xacinto Varela Becerra Soutomaior, situada sobre a estrada de acceso a Rianxiño polo oeste, xunto á Casa de San Xosé.
Construción de planta rectangular coa sancristía acaroada a un lateral, resolta con muros de…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura relixiosa
Por desexo de Teresa R. Castelao, o busto en bronce do seu irmán, promovido polos emigrados do Uruguai e doado á vila de Rianxo polo Padroado da Cultura Galega de Montevideo, erixiuse nun dos xardíns do Paseo da Ribeira o 27 setembro de 1975. A idea é que puidese verse desde a fiestra da …
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil
Edificación orixinal de planta en L á que se lle anexionou un corpo máis, configurando unha U en torno a un patio. Construción de dous andares resolta con muros de cachotaría e cantaría con cubertas a dúas e tres augas de tella. Fachada principal ao norte, cunha escaleira de pedra de dous tramos, de acceso ao segundo andar, con corredor sobre pilastras de granito. Destaca o balcón sobre canzorros e varanda de ferro nun dos corpos laterais…