Busto de Castelao

Busto de Castelao - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: roteirocastelao.gal

Por desexo de Teresa R. Castelao, o busto en bronce do seu irmán, promovido polos emigrados do Uruguai e doado á vila de Rianxo polo Padroado da Cultura Galega de Montevideo, erixiuse nun dos xardíns do Paseo da Ribeira o 27 setembro de 1975. A idea é que puidese verse desde a fiestra da casa paterna que dá á Ribeira. É obra do escultor Xosé Escudero Couceiro, e a base, en pedra, de Alfonso Sanmartín. Ao acto da inauguración asistiron, entre outros, o amigo de Castelao e dos rianxeiros, Ramón Otero Pedrayo, aínda que non pasaba por bos momentos de saúde; semanas antes estivera hospitalizado e xa avisara: “Eu teño que ir a Rianxo aínda que sexa nun cadaleito”. Foi a derradeira vez que asistiu a un acto público.

Ese 27 de setembro, Rianxo quedou tomado polas forzas policiais para controlar a avalancha de universitarios afíns ao Partido Comunista, activistas e obreiros sindicalistas, que chegados de diversas partes, sobre todo de Ferrol, encheron a vila de bandeiras galegas e vocearon proclamas contra o Proceso de Burgos, no que se xulgaban a 16 militantes de ETA e que tivera lugar recentemente. Actualmente este lugar é un punto de encontro para celebracións de aniversarios e de toda clase de manifestacións políticas de grupos nacionalistas e galeguistas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-OC043
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1975
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: A Ribeira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Roteiro Castelao

    Fundación Castelao

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal da Vacariza

Palco da música de Santa Lucía

Pombal do Cruceiro

Reloxo de sol do Castriño