Cine Iglesias
Imaxe: roteirocastelao.gal
Na actualidade, nada queda deste cine, só unha casa levantada posteriormente no mesmo soar.
Cando Castelao e Bóveda visitaron Rianxo, en xullo de 1934, as mostras de cariño volveron a rexurdir entre a veciñanza, que agardaba na Ribeira a que chegasen procedentes de Vilagarcía. A “festa rianxeira” durou dous días, durante os cales ambos os dous dedicáronse a dar mitins na vila, en Asados e no Araño. Un dos actos celebrárono unha noitiña no Cine Iglesias, fundado neses anos por Vicente Iglesias, onde antes tivera unha xastrería (que se anunciaba no semanario liberal Buenas Noches), con entrada pola praza principal, onde a xente se apiñou, polo que foi preciso abrir as portas para que puideran escoitalos desde a rúa. Ao final cantaron o himno de Galicia e o de Rianxo. Era tal o entusiasmo espertado que as persoas asistentes non daban abandonado o sitio. Cando os líderes galeguistas puideron saír foron seguidos pola multitude que non cesaba de dar vivas á República e a Castelao, polo que se viu obrigado a presentarse no balcón da súa casa da rúa de Abaixo para darlles a despedida.
Neste local tamén estrearía Rafael Dieste a “Fiestra Valdeira” en 1935.
Segundo explica Xosé Camoxo, nos inicios da posguerra comezaba no municipio rianxeiro a tomarse en serio o negocio das salas cinematográficas. Os empresarios, que debían convencer ao gobernador para evitar impedimentos á hora da autorización oficial, atoparon unha boa maneira de convencelo, aludindo, nos seus escritos, ás súas pretensións de educar á xuventude e arredala das tabernas. Nese tempo abre o cine de Taragoña; Cándido C. González solicita permiso para reformar e habilitar este cine (sendo autorizado en marzo de 1944); comeza a edificarse o cine Avenida "la sala elegante" (que é permitido en novembro de 1944); Asados deberá esperar ao ano 1948 para inaugurar o seu cine El Centro.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AC067
- Outras denominacións: Cine Rianxo
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: Século XX
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa Comba de Rianxo
- Lugar: Praza Rafael Dieste
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.650418398485 , -8.8191728266761
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.