Busca
Nesta vivenda, situada na Estrada de Imo (AC-305) e denominada rúa Moncho Reboiras desde o ano 2022, foi onde se velou a Xosé Ramón Reboiras Noia, Pepe de Loureiro, o fillo da señora Generosa e do señor José. De aquí saíu o seu cadáver para ser soterrado no cemiterio da…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais
Capela acaroada no lado sur, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Tarrío.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa
Insua formada polo río Ulla, próxima á Insua de Vilar (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais
A sepultura de Dominica Borja Ferraguela é a única que existe na actualidade no adro da Igrexa de San Miguel de Catoira, unha moza xitana sobre a que Cristina Conde Escaloni conta a súa hisotira no seu blogue …
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Conxunto de sete lacenas nunha vivenda da aldea de Bustelo. Seguramente sexa o máis grande de Dodro, e tamén de toda a comarca.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Lacena situada no interior da columna dunha vivenda na aldea de Pexegueiro.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.…
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial
Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.