Lacena de Pexegueiro

Lacena de Pexegueiro - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Xoán Xosé Vicente

Lacena situada no interior da columna dunha vivenda na aldea de Pexegueiro.

As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas necesidades de mel e cera.

Cando os canteiros construían as casas-vivenda, e ou outras construcións complementarias da casa coma as cortes, as cabanas, os cabaneis... adoitaban construír tamén nos seu muros uns compartimentos, uns habitáculos para as abellas. Pola súa parte interior viñan ser uns ocos cuadrangulares de até uns 60 centímetros de alto, entre 40 e 50 de ancho, e de fondo o que permitía o grosor da propia parede.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal de Rialiño

Reloxo de sol Nº 3 de Rial da Lagoa

Pontella do Muíño de Riba

Reloxo de sol Nº 1 de Castro