Busca
Lugar onde queda unha pequena depresión do asentamento dun forno oleiro. Actualmente non queda case estrutura, mais si memoria da mesma.
Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de cachotaría de granito. A súa “parrilla” constaba dunha placa central circular feita…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial
Gravado rupestre localizado na contorna da Torre do Meadelo.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Xacemento catalogado na Punta Grandoiro, lugar a onde chegaba un camiño antigo e críase que os mouros tiraban alí os seus tesouros
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
As “bólas” de barro, que pesaban de 25 a 30 quilogramos, subíanse en carros ou cestas que chegaban en barcos até preto do Campanario de Bamio, xunto a esta pedra granítica, A Laxe, lugar onde se amasaba o barro. Se o barro estaba seco, botábase auga no pío de pedra, amasábase con ferramentas, cos pés ou coa axuda dalgún animal. En todo este proceso era fundamental o traballo das mulleres.
Este pío foi salvagardado pola…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial
No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos no Salgueiral, localizada a uns 120 metros da Torre do Meadelo. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.
Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial
Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.
O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial
No medio dunha gran laxe plana atópase unha cazoleta e un muíño navicular nun lateral. A un lado da laxe existen as marcas de delimitación das parroquias de Dimo e Abalo. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni e Francisco Ameixiras Sánchez.
Este petróglifo emprázase a unha distancia menor de 200 metros respecto do aeroxenerador XIII-4 previsto no proxecto “parque eólico segunda ampliación Xiabre”, sen que apareza recollido…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía
Trátase duns dos poucos santuarios rupestres con inscrición que se coñece en Galicia. Dúas cazoletas (5 centímetros de ancho e 3 de fondura) situadas simetricamente a ambos lados dunha pía natural na parte superior dun pequeno outeiro rochoso que sobresae uns 2 metros pola parte máis alta, ladeira abaixo. Sitúase á beira dun cortalumes, subindo á dereita, a 40 metros dun promontorio rochoso destacado que hai no medio de dito cortalumes e que se aproveitou…
Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía
Nunha gran laxe plana orientada ao suroeste, localízase unha cazoleta alongada duns 15 centímetros de longo por 3 de fondura, desde os extremos da cal parten uns sucos duns 25 centímetros de longo, conformando unha figura atípica que parece lembrar a un ídolo ou ben podería ser o inicio dun muíño navicular inconcluso. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni. Toda a ladeira está repleta de laxes e batolitos graníticos con grandes pías e curiosas formas…
Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía
Santuario rupestre situado nun enorme batolito granítico no alto dun outeiro accesible pola parte da pista forestal que dá ao norte (a uns 40 metros da mesma) e na parte orientada ao poñente elévase varios metros de altura (de 2 a 6 metros segundo a zona). Destaca visualmente na paisaxe e dominando amplamente a Ría de Arousa e o cume do …
Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía
Petróglifo localizado por Cristina Conde Escaloni que está dividido en dúas partes. Na parte alta existe unha cazoleta e na parte baixa diferentes gravados: un longo radial do que sae medios círculos e nun lateral varias coviñas.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía
Coñecida popularmente como A Fraisa, foi constituída no 1974, chegando a ser nos anos 80 o serradoiro de madeira coa maior cota de mercado de Galicia. Manuel Jesús e José Fraiz Saa, dous irmáns naturais de Silleda pero que de moi pequenos se trasladaron cos seus pais a Padrón, fundaron esta empresa.
A familia sempre se dedicara ao sector da madeira, o seu pai fabricaba a parte inferior dos zocos e, coa chegada dos dous irmáns,…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Trátase dunha pequena cazoleta con radial, coa posibilidade de dous círculos concéntricos, estando estes moi erosionados. Atópase na zona superior dunha laxe, a uns 500 metros do santuario rupestre do Outeiro da Hedra de Arriba. Este petróglifo foi descuberto por Cristina Conde Escaloni en agosto…
Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía
Petróglifo descuberto por Cristina Conde Escaloni en xuño do ano 2024, localizado na Noviña. Este microtopónimo puido derivar de Coviña, que podería vir da Cova da Moura, pois vella tamén significa moura. Este petróglifo está ameazado polo aeroxenerador XIII-3 previsto no proxecto “parque eólico segunda ampliación Xiabre”.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía
Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da …
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da …