Punta Grandoiro

Punta Grandoiro - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Trátase dun espazo natural rodeado de vexetación (loureiros, eucaliptos, silveiras, fentos...) no cal existe un sendeiro que nos leva até a punta e a un pequeno areal, no cal aínda se poden apreciar restos arqueolóxicos do xacemento romano que existe na súa contorna. Coroando este espazo rochoso atopamos o Cruceiro de Punta Grandoiro, un dos cruceiros que conforman o Vía Crucis do Mar de Arousa e río Ulla.

Segundo Figueira Valverde e García Alén (1959) na Punta Grandoiro existía unha especie de escaleira ou rampla, a partir de dous metros de profundidade, onde atopábanse ladrillos grosos. A esta punta chegaba un camiño antigo e críase que os mouros tiraban alí os seus tesouros.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Praia de Bamio

Punta Rebateira

Enseada da Igrexa

Punta do Redo