Torre do Meadelo

Torre do Meadelo - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Proxecto Louceiros de Bamio

No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a Torre de San Sadurniño, en Cambados, a Torre de Cálogo, en Vilanova de Arousa, a fortaleza de Lobeira, en Vilagarcía, a Torre de Cortegada e as Torres de Oeste, en Catoira.

Nun artigo publicado en “El Pueblo Gallego” de xullo de 1933 escribíase o seguinte: "Uno de los más bellos alrededores es el sitio denominado Salgueiral. Es éste, una larga extensión de terreno cubierto de unos grandes y bastos robles y de unas variables y finas hierbas. Yérguese entre las ramas de los árboles, cual figura esquelética, las ruinas de la famosa torre do Miadelo que según la leyenda popular, fue la antigua morada de las razas que poblaron este territorio. Es aquí donde las chavalas, van con sus novios, a pasar tardes deliciosas en busca de la sombra producida por los árboles".

  • INFORMACIÓN
  • Código: VI-AQ001
  • Outras denominacións: Torre de Miadelo ou Miradelo
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Época Altomedieval
  • Concello: Vilagarcía de Arousa
  • Parroquia: San Xens de Bamio
  • Lugar: O Salgueiral
  • Acceso a pé: Regular
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (19 PHA-GA36060019)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000

    Patrimonio Galego

    El Correo Gallego

    A pedra do Encanto

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 1 do Monte Xiabre

Xacemento romano de Punta Grandoiro

Petróglifo do Meadelo

Torre do Meadelo