Fraiz S.A.

Fraiz S.A. - Padrón - Santiago de Padrón

Coñecida popularmente como A Fraisa, foi constituída no 1974, chegando a ser nos anos 80 o serradoiro de madeira coa maior cota de mercado de Galicia. Manuel Jesús e José Fraiz Saa, dous irmáns naturais de Silleda pero que de moi pequenos se trasladaron cos seus pais a Padrón, fundaron esta empresa.

A familia sempre se dedicara ao sector da madeira, o seu pai fabricaba a parte inferior dos zocos e, coa chegada dos dous irmáns, diversificaron a produción a áreas como travesas de ferrocarril e doias de barrís para exportar o máis delicado viño. Pero o gran despegue da Fraisa chegou coa fabricación de parqué, sendo o de carballo o máis popular, moi demandado nos mercados europeos. No 2014 declarouse en concurso de acredores e actualmente a sociedade está extinta.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fábrica de tecidos de Ángel Ramos

Cerería Cortizo

Alfolín do sal

Fraiz S.A.