Busca

Amosando 1 - 24 de 584 resultados da busca.

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Insua formada polo río Ulapróxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais

Hórreo no lugar da Medela.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo no lugar do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Insua formada polo río Ulla, próxima á Insua de Vilar (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Hórreo no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

O Monte Beiro, a 145 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación noroeste posibilita a seguinte panorámica: parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

A Chan do Cesteiro, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, ten unha orientación noroeste que lle permite dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga e Louro, alcanzando incluso a visión do río Ulla.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

O Monte dos Salgueiros atópase a uns 221 metros de altura sobre o nivel do mar. Sobre a caseta forestal aquí emprazada, permítenos dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, alcanzando unha visión ampla da ría de Arousa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas

Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Figura en varios documentos antigos, como na concesión que Xelmírez fai a favor do Convento de San Martiño Pinario en 1115 (Sanctam Christinam de Campania cum suis adjuntionibus), ou no testamento de 1131 que Odairo Afonso lega a favor do seu presbítero Pedro (Ad Petro, presbytero de Campania). A datación alto-medieval desta igrexa podería ter correspondencia con vestixios soterrados asociados a ela.

No 1115, o bispo Diego Xelmírez confirma a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular dunha soa nave e cun nicho na fachada principal. Construída con muros de perpiaños de fiadas irregulares e cuberta a dúas augas de tella do país.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura relixiosa

A Capela de San Paio de Vilar é de planta rectangular, muros de cachotaría e coa cuberta a dúas augas de tella. O campanario emprázase enriba da portada, no plano da fachada.

O 25 de xaneiro, festividade de San Paio, as imaxes de Santo Antonio e San Roque trasládanse desde a Igrexa de Santa Comba de Cordeiro até esta capela en Vilar, permanecendo aquí algo…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial actual, de estilo barroco, foi construída cara o primeiro terzo do século XVIII. Sen embargo, existen referencias documentais e bibliográficas moi anteriores a ese templo que posúe o título de colexiata. Así, nun documento do ano 1028, figura a doazón que Bermudo III fai da vila de Cordeiro á Catedral de Santiago. Por outra parte, Cordeiro foi inicialmente un convento de monxas, pasando posteriormente a ser de cóengos, que foron “resumidos” no ano 1478…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura relixiosa

Erguida sobre un antigo castro a 173 metros de altura, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese observar unha imaxe de San Campio de gran valor histórico-artístico, e retablo realizado por…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura relixiosa

Aínda que a construción da actual parroquial data do século XVIII, sendo rematada en 1701, de aquí proceden varios capiteis prerrománicos, entre a época sueva e a visigoda, conservados na súa maior parte no Museo de Pontevedra e no Museo da Catedral de Santiago.

M. Núñez (1978) data estes capiteis cara o século VI-VII e defíneos como “insólitos en Galicia, cun depurado estilo…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura relixiosa