Busca

Amosando 169 - 192 de 346 resultados da busca.

Fonte situada no acceso sur ao lugar da Marquesa, fronte ao Muíño da Marquesa. Está realizada en cantaría de granito, con base cuadrangular sobre a que se alza un volume prismático onde se localiza o cano. Pía semicircular acaroada a un lateral da base.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Lavadoiro situado na beira do camiño que comunica os luagres de Buía e O Rabado. O recinto, delimitado por muros de cachotaría de granito, está situado a un nivel inferior con respecto á rúa, con acceso mediante unha escaleira situada nun lateral. Lavadoiro rectangular de formigón construído recentemente, acaroado lonxitudinalmente ao muro, coas pedras de lavar no resto dos lados.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Lavadoiro próximo ao rego Castrelo.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.

Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Un pequeno sendeiro leva desde a Ermida de San Pedro de Vilas até a coñecida como Fonte da Tixola.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

O pozo foi construído cando a casa, no ano 1916. Conta cunha entrada por un lateral a través dun túnel escavado na pedra, como se dunha mina se tratase. Do fondo do mesmo, sae un rego de auga que emboca nunha especie de lavadoiro.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira do regato de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Palco octogonal construído en pedra.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil