Busca
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Nesta vivenda, situada na Estrada de Imo (AC-305) e denominada rúa Moncho Reboiras desde o ano 2022, foi onde se velou a Xosé Ramón Reboiras Noia, Pepe de Loureiro, o fillo da señora Generosa e do señor José. De aquí saíu o seu cadáver para ser soterrado no cemiterio da…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Conxunto de sete lacenas nunha vivenda da aldea de Bustelo. Seguramente sexa o máis grande de Dodro, e tamén de toda a comarca.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Lacena situada no interior da columna dunha vivenda na aldea de Pexegueiro.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.…
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Construído nun outeiro na parte superior do lugar de Castro.
Pombal de planta cuadrangular e muros de cachotaría. Na zona alta presenta unha repisa de lousa de pedra perimétrica, sobre a que se localizan as aberturas para a entrada e saída das pombas. Non conserva a cubrición, presentando tornaventos no norte. Ten…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Construción adxectiva do Pazo de Hermida.
De planta circular con muro de cachotaría. Presenta lousas que sobresaen do mesmo á altura de dous buratos para a entrada e saída das pombas. Non conserva a cuberta.…
Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil
Localizado nun outeiro, na zona coñecida como O Souto, na finca designada como A Horta do Val.
Orixinal pombal de planta octogonal e muros de cachotaría, enlucidos con morteiro de cemento e pintados, en cada cara, de cor branca e laranxa imitando fiestras rematadas en arco oxival. Presenta un aleiro perimétrico na…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Situado no muro de peche da horta da Casa de Aguirre, en fronte da casa e no portal de entrada dunha gran horta, fronte á casa dos caseiros, hoxe en ruínas.
O reloxo levántase en altura sobre unha columna de granito de…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Situado no lugar da Igrexa, ao pé da estrada.
De planta cuadrangular e paredes de cachotaría de granito, con porta alintelada con folla de madeira. Repisa perimétrica de lousas de pedra na parte superior do pombal. Cubrición a dúas augas, de uralita con tella camba na cumieira. orixinalmente tiña a cubrición de…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
A Ponte do Portanchiño ou Portancho ten un arco sobre o rego de Vigo, con estribos de cantaría sobre o que se apoia un arco de medio punto e ancho aproximado de 5 metros, con plataforma asfaltada. Un muro con entrantes e saíntes delimita o mesmo. Na súa contorna localízanse os Muíños do Portancho. Esta ponte é a única do Concello de Dodro feita en pedra con arco de…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Situado nunha finca, actualmente pechada, que se estende pola parte traseira da casa reitoral, ao norte da igrexa parroquial.
…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Localízase nun pequeno outeiro no igrexario, na finca que se estende detrás da casa reitoral.
De planta circular e muros de cachotaría, agás na porta de acceso que é de perpiaño. Presenta as paredes encintadas con morteiro de cemento e restos do encalado. Ten unha repisa perimétrica de lousas á altura dos buratos…