Pombal da casa reitoral de San Xoán de Laíño

Pombal da casa reitoral de San Xoán de Laíño - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localízase nun pequeno outeiro no igrexario, na finca que se estende detrás da casa reitoral.

De planta circular e muros de cachotaría, agás na porta de acceso que é de perpiaño. Presenta as paredes encintadas con morteiro de cemento e restos do encalado. Ten unha repisa perimétrica de lousas á altura dos buratos para a entrada e saída das pombas. Cuberta cónica con acabado de tella do país sobre entramado de madeira e con remate en lousas de pedra. O tellado remata nun elemento decorativo discoide de pedra. Entrada alintelada con porta de madeira con decoración xeométrica por medio de perforacións na madeira. Presenta unhas pedras fronte á porta a xeito de escadas para acceder ao interior. Mide 15 metros de perímetro e 4 de altura.

Segundo a ficha de Patrimonio, este pombal dataría entorno ao ano 1780, sendo contemporáneo da igrexa parroquial e da casa reitoral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC002
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1780
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, coas paredes algo desconchadas e coa pedra en parte manchada con musgo. A cubrición está en mal estado, faltándolle parte das tellas.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-16)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal de Castro

Pombal do Palacio de Lestrobe

Reloxo de sol da Casa de Aguirre

Pontella do Muíño de Riba