Pombal da casa reitoral de San Xián de Laíño

Pombal da casa reitoral de San Xián de Laíño - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: @legadogalego

Situado nunha finca, actualmente pechada, que se estende pola parte traseira da casa reitoral, ao norte da igrexa parroquial.

De planta circular e muro de cachotaría de granito encalado, aínda que pola parte traseira está reconstruído en parte con bloques de formigón. Porta de entrada alintelada con folla de madeira. Repisa de pedra circundando perimetralmente a parte superior, con tres orificios cuadrangulares na fronte para a entrada das pombas. Cubrición cónica de tella do país con remate de lousa sobre entramado de madeira e remate de cumieira con peza pétrea.

Tería a mesma antigüidade que a casa reitoral e a igrexa parroquial, a cal foi feita a mediados do século XVIII. Desde as súas orixes, formaría parte do conxunto eclesiástico da casa reitoral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Malo, xa que ten a parte traseira reconstruída con bloques de cemento. Está en desuso, sendo visible algo de vexetación na cubrición.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-04)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal da Xaniña

Pombal da Casa das Señoritas de Rial

Reloxo de sol de Lestrobe

Pombal Nº 2 da Casa de Aguirre