Busca

Amosando 73 - 96 de 1272 resultados da busca.

O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Monte Beiro, a 145 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación noroeste posibilita a seguinte panorámica: parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

A Chan do Cesteiro, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, ten unha orientación noroeste que lle permite dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga e Louro, alcanzando incluso a visión do río Ulla.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

O Monte dos Salgueiros atópase a uns 221 metros de altura sobre o nivel do mar. Sobre a caseta forestal aquí emprazada, permítenos dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, alcanzando unha visión ampla da ría de Arousa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas

Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

Situado nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº 5 do núcleo. Nesta mesma finca localízase un pombal.

Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito de pouca altura, encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, a dianteira coa parte…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Sobre o muro de peche dunha finca privada, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito. Pertence a unha casa de pedra tradicional.

Cimentado sobre o muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior, onde aparecen molduradas, refeitas en cemento. Tornarratos corrido ao longo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira das Pías.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de perpiaños e cachotes de granito, que no extremo norte está reformado con bloques de cemento, e no lateral oeste é visible unha pequeno van rectangular. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten sete claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con seis portas de madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Atópase sobre un muro de peche dunha finca privada, ao pé dunha pista asfaltada.

Bonito exemplar de hórreo mixto, de moi boa factura. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca. Mide 1,80 metros de altura máxima (está nunha costa) e 85 centímetros de altura mínima. Os soportes están mal conservado, constando de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos