Busca

Amosando 49 - 68 de 68 resultados da busca.

Desde a Praza de Abastos de Cesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón... 

As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo,…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación incluída no Catálogo de Patrimonio Histórico do PXOM do Concello de Pontecesures e no Catálogo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Vivenda que ten certo aire modernista, con dúas torres e terraza superior.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Cesar Portela, o autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ambos os…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda na rúa José Novo coa fachada decorada con azulexos e galería realizada en forxa metálica.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.

Nesta casa da rúa Portarraxoi naceu, o 10 de xullo de 1916, o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.

Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación que acolleu a Casa do Concello de Pontecesures durante 49 anos, desde a segregación de Cesures do Concello de Valga en 1925, até a inauguración da actual casa consistorial en 1974. Na actualidade alberga a biblioteca municipal.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Na Casa do Río, noutros tempos o almacén familiar da Casa Lozano, viviu o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, quen nacera nunha casa da rúa Portarraxoi o 10 de xullo de 1916. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

O Salón Cesures foi o primeiro cine que tivo Pontecesures, aínda que cunha duración moi curta. Estaba localizado na Factoría, ao carón do Alfolín da Renda do Tabaco. En 1925, o día da Romaría de San Lázaro, estreouse “La Casa de Troya” e outro día actuou o violinista internacional…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.

San Xulián de Requeixo é un…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Capela de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un…

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

Capela que se localiza no camiño de subida ao Miradoiro do Galiñeiro, emprazada no interior do Cemiterio de Pontecesures.

Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa