Busca

Amosando 25 - 48 de 174 resultados da busca.

Xacemento situado na parroquia de Santa María de Bemil (Caldas de Reis), cuxa contorna de protección afecta ao Concello de Catoira. Trátase dun túmulo megalítico duns 20 metros de diámetro e 1,5 de altura. Presenta un furado de violación central duns 4 metros de diámetro e 1 de fondo. Sobre a superficie do túmulo aprécianse restos dunha coiraza de recubrimento formada por pedras de granito de mediano tamaño. A uns…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

O petróglifo está situado nunha pedra de forma elíptica dunhas dimensións de 4,5 metros de longo no seu eixo maior e tres metros no menor. A súa decoración é moi complexa xa que moitos dos motivos decorativos que a compoñen forman composicións até o de agora inéditas. Os motivos decorativos son círculos e coviñas, tamén hai liñas sinxelas e cruces. As composicións destes motivos son orixinais; dunha banda…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Tamén coñecido como Petróglifo das Lombas ou A Pedra dos Nenos, trátase dun dos gravados identificados polo arqueólogo Antonio de la Peña Santos a comezos dos anos 70. Foron declarados Monumento Histórico-Artístico de carácter estatal dentro dunha listaxe de 195 conxuntos de gravados rupestres da provincia de Pontevedra e publicada no Boletín…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Complexo defensivo construído en diferentes períodos, que estaba conformado por dous recintos. Un exterior formador por unha gran torre de homenaxe, ao leste, coa porta de entrada do complexo e dúas murallas polo norte facendo unha gran curva cara ao oeste; e polo sur, cunha pequena torre acaroada de planta semicircular, torcendo en ángulo recto tamén cara ao oeste. Ambos ramais da muralla contaban cunha pequena saída de augas por debaixo do nivel actual do terreo. Este…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

A só 50 metros ao leste da Capela de Santiago figuran dúas pequenas laxes con motivos xeométricos. A laxe principal ten unhas 30 coviñas de pequenas dimensións, a maioría agrupadas na zona central e máis prominente da rocha. Como sinalan Antonio de la Peña Santos e A. García Alén no catálogo dos “Grabados rupestres de la Provincia de Pontevedra”, editado en 1980…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Asentamento fortificado conformado por un recinto simple de forma tendente a circular de 70-80 metros de diámetro, delimitado por un parapeto terreo que destaca só con respecto ao exterior do xacemento, atopándose toda a zona interior practicamente a unha mesma cota.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Codeseira cuxas augas eran potables até que o Concello de Catoira canalizou as augas sucias por enriba e contaminou as augas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Mina de auga construída en cachotaría de granito. Abastecía de auga á Casa dos de Morales. Ao carón desta mina hai un regato que baixa do monte, cuxa auga era usada “para que a herba estivera sempre perfecta e fresca”.

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego de San Cibrán, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte localizada na rúa da Estación, datada nos anos 1962-1963 e construída con ladrillos e material cerámico.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Ao igual que o Alquerque Nº 2 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas

Tras os incendios de 2017 descubriuse unha vella muralla de cachotaría que parece rodear unha área duns 70 metros de diámetro. Trátase dunha muralla defensiva, de forma oval e feita de pedra miúda que pode datar do século VIII a.C (Idade de Ferro) e a súa localización nunha ladeira de 120 metros de alto, flanqueado por dúas valgadas naturais que a protexen polo NE e SW e cun amplo dominio sobre a contorna; aínda que hoxe cegada pola…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Alquerque descuberto por Vanesa Pérez Lorenzo en maio de 2022. Ao igual que o Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes pódense observar algunhas cazoletas e posiblemente máis gravados, aínda que…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé ObreiroEsta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Tal como conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, o Alto de Siagoga, monte entre Cordeiro (Valga) e Catoira, foi o lugar onde os catoirenses loitaron contra as tropas francesas de Napoleón Bonaparte nos primeiros meses do ano 1809.…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga