Mina de auga da Casa dos de Morales

Mina de auga da Casa dos de Morales - Catoira - San Pedro de Dimo

Imaxe: David García Lorenzo

Mina de auga construída en cachotaría de granito. Abastecía de auga á Casa dos de Morales. Ao carón desta mina hai un regato que baixa do monte, cuxa auga era usada “para que a herba estivera sempre perfecta e fresca”.

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte da Fabeira

Muíño do Fontreiro

Muíño Nº 1 do Rei

Muíño de Carril