Busca

Amosando 169 - 192 de 374 resultados da busca.

Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais

Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé ObreiroEsta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Insua formada polo río Ulla, próxima á Insua de Vilar (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Con case 13 metros de longo, é o lavadoiro máis longo de Valga. Está integramente construído en formigón e a cuberta de fibrocemento. Emprazado na ribeira do río Valga, xunto ao Muíño da Torre.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Das catorce cruces das que consta un vía crucis tradicional, soamente se conserva unha sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo, ademais da estación número 12, constituída polo calvario descrito.

Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado no lugar de Catrocamiños, lugar onde conflúen as parroquias de Catoira, Oeste e Dimo. Un chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas constitúen a parte baixa deste cruceiro moderno, pois substituíu un antigo que estaba neste lugar. Varal, primeiramente cuadrangular, mais despois remata as arestas. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por cabeciñas de anxo entre espirais. Cruz cuadrangular con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto,…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

A parte inferior componse de tres chanzos irregulares e unha pedra chan que fai de mesa por diante. Base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo cuadrangular, para pasar despois a forma cilíndrica. Remata un capitel de catro lados curvos que presenta nas partes centrais figuras esquemáticas, sen apenas trazos, afastadas por bólas na parte baixa. Cruz de sección rectangular coas arestas redondeadas, finiña e sen figuras.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada en posición de encrucillada, detrás dunha rede metálica, pois ficou por dentro dunha propiedade que impide o acceso á mesma. Cruz alta cunha altura próxima aos 2 metros, fincada nunha base irregular, que lembra un tronco de pirámide, fina lanzal, monolítica, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal, mais cos extremos acabados en cadrado.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta unha gran plataforma de cachotaría feita sobre o noiro da estrada. Catro chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas serven de sustentación á obra. Fuste octogonal todo ao longo, mais con resaltes na parte baixa e alta. Amosa por diante e no terzo superior unha imaxe de Santo Antonio co libro dos sermóns na man. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e barcas nas esquinas que soporta unha…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada nunha posición próxima a unha encrucillada, á beira dunha estrada local, este cruceiro perdeu a cruz que a coroaba en data indeterminada. Próxima aos 2 metros de altura, o varal fincábase nunha peaña cuadrangular de arestas biseladas e ángulos redondeados na que se aprecia unha fenda vertical. Por baixo da peaña e, descentrada respecto desta, unha base de planta cadrada e de maiores dimensións que aquela. O varal presenta sección octogonal, mais co extremo…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta á vista soamente un chanzo. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que se cobre por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e volutas nas esquinas. A cruz, cilíndrica e lisa, amosa figuras por ambas caras. Así, por diante vemos un Cristo de poucos trazos, de tres cravos, baixo carteira de INRI, mans abertas, nó á dereita e pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás,…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos