Cruceiro da Xunqueira

Cruceiro da Xunqueira - Catoira - San Pedro de Dimo

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta á vista soamente un chanzo. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que se cobre por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e volutas nas esquinas. A cruz, cilíndrica e lisa, amosa figuras por ambas caras. Así, por diante vemos un Cristo de poucos trazos, de tres cravos, baixo carteira de INRI, mans abertas, nó á dereita e pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás, Virxe de pé sobre cabeciña de anxo, tamén con poucos trazos, coas mans cruzadas sobre o peito e cuberta por un manto. O epígrafe aparece gravado na base, na cara dereita da mesma: “A DEVOCIÓN DE ANDRÉS CATOIRA".

A noite do 21 de outubro de 2022, a cruz apareceu tirada no chan, rota en varios anacos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER019
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Pedro de Dimo
  • Lugar: Coaxe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Cruz derrubada.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_027) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Moure

Cruceiro de Codeso

Cruceiro de Portocanles

Cruceiro da Xunqueira