Cruz do Condado

Imaxe: Cristina Conde Escaloni
A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto, sendo a súa envergadura de só 67 centímetros. Toda ela é moi finiña e lanzal, xa que acada soamente de perímetro 57 centímetros.
A unha distancia duns 8 metros atópase unha pequena base cúbica que mantén aínda o burato no que se fincaba unha das cruces dos ladróns, por iso estamos a falar dun calvario que comezaría na Igrexa de San Mamede de Abalo. Seguramente servía de soporte a unha cruz baixa, dado seu pequeno tamaño.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-ER005
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: -
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Mamede de Abalo
- Lugar: O Condado
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mal conservado. Perdéronse as cruces dos ladróns, quedando en pé soamente a central: a de Xesús Nazareno.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_012) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.64511411223 , -8.7242126853084
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.