Busca

Amosando 49 - 72 de 253 resultados da busca.

Residencia pacega, probablemente con orixes finais do século XVII e comezos do XVIII, coa planta en L, cun corpo engadido no ángulo interior do mesmo, construído todo en cantaría de granito. Fachada con escaleira e patín cuberto. O máis salientable é o arco de medio punto baixo o seu corredor.

Pertenceu á burguesía rentista que vivía de cobrar foros por arrendamento de terras e propiedades á veciñanza. O…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Casa natal de Camilo José Cela, na que viviu o seu avó John Trulock, un inglés que chegou a Galicia para impulsar a primeira liña férrea que uniu Cornes, en Santiago, con Carril, en Vilagarcía, no 1882. O día 2 de agosto de 1983, produciuse un terrible incendio na vivenda, onde o tío materno do Premio Nobel, Jorge Trulock morre a consecuencia das queimaduras.

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró.…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

No lateral do Campo do Souto localízase a Praza de Abastos de Padrón, inaugurada en novembro do 1903. Primeiramente fíxose unha parte, para posteriormente estendela até o antigo matadoiro, tal como está na actualidade. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros. A súa construción en 1903 substituíu á…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Antigo cárcere de Padrón, xa desde o século XVII.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Escudo barroco que combina o propio escudo de Padrón (traslatio do corpo do Apóstolo Santiago), os do Reino Castelán-Leonés (castelos e leóns), o de Galicia (hostia) e dúas cunchas de vieira (alusión ao Camiño de Santiago). Un sol representa o luceiro que guiou á barca no traslatio.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

O pazo é de estilo renacentista construído no século XVI pola familia fidalga Bermúdez de Castro. Planta rectangular, con extremos angulados para comunicar por paso elevado coa capela. Fábrica de cantaría de granito. Fachada principal sobria, con solemne escalinata de balaústres, que comunica cun alongadísimo patín (ao longo de toda a fronte), formado por arcos de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Edificio de planta rectangular con dous andares, de estilo barroco. A fachada do Cantón da Igrexa está realizada en boas pezas de cantaría. Vese subliñada polo abondoso número de vans que a animan, cun total de cinco xanelas rectangulares no primeiro andar, e de tres portas e dúas xanelas cuadrangulares no andar baixo, dispostas de xeito simétrico. No primeiro andar, cara á dereita, sitúase un fermoso escudo dos da Riva, onde se pode ollar a familia Salgado no primeiro…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

O Pazo da Inquisición ou Pazo do Montiño ten a sobriedade e nobreza dunha propiedade que debeu ostentar notable poder. O portalón é de gran fermosura e recolle no seu remate superior un escudo rematado por unha coroa. A cruz que remataba o portalón, hoxe está desaparecida.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Edificación de planta cadrada, con dous andares e cuberta a catro augas. Na súa fachada destacan os tres arcos e o engadido lateral de planta circular. Aínda que neste solar atopábase a Azucreira de Padrón, esta vivenda foi mandada construír posteriormente por Joaquín Yebra Pimentel, home de Joaquina Rodríguez, familia dos fundadores de Larsa.

 


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Rosalía de Castro finou o 15 de xullo de 1885 e os seus restos mortais repousaban no Cemiterio de Adina. Hoxe descansa no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Compostela. O seu cadaleito fixo a viaxe en tren até Santiago, partindo desde a…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Foi nesta casa da rúa do Sol (actual rúa Juan Rodríguez do Padrón) onde Rosalía pasou a etapa máis decisiva da súa infancia, cando menos desde os 4 até os 10 anos. O inmoble era unha edificación humilde cunha planta baixa e un andar. A fachada común das vivendas era corrida. Tiñan ventás vidreiras no sobrado, dese tipo que chaman portas de aire, cun varandal no interior. Nestas casas estivo despois a escola de ferrado de Gende á que asistiron o poeta…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Mandada construír no 1910 por Isidoro de la Riva, industrial que procedía de Ortigosa de Cameros (A Rioxa) e estableceuse en Padrón no 1830 para fabricar tecidos de liño e algodón.

A propiedade ten case 60.000 m2 de extensión, con minas de auga, prados, áreas de cultivo e espazos axardinados. No centro emprázanse a vivenda dos guardeses da…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Casa reitoral da parroquial de Santa María de Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Os gravados localízanse sobre a superficie horizontal do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose un total de 9 combinacións circulares, a maior das cales está formada por 5 círculos concéntricos, así como 5 cazoletas illadas.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Camiño empedrado de carro coñecido como Camiño do Rego que posúe unha lonxitude de 375 metros, cunha anchura máxima de 2 metros. Unha parte do seu firme foi realizado sobre rocha nai, de aí que se aprecien as rodeiras dos carros en boa parte da traza. Situado nas proximidades da Casa da Barreira, uniu no pasado un serradoiro hidráulico co Monte Laíñas.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

O castro sitúase nos arredores da igrexa parroquial, nun esporón do Monte Xiabre, conservándose o topónimo nas fincas dos arredores. 


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Gravado localizado sobre unha rocha de granito de aproximadamente 1,8 metros de lonxitude no eixo NS e 1,5 de anchura no eixo EW, situada ao carón da canle do Muíño dos Portugueses.

Sobre a…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

A Ruta do Pai Sarmiento, ao seu paso por Catoira, segue na maior parte a traza do Camiño Real, atravesando as parroquias de San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira e Santa Baia de Oeste. Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela.

Pedro Xosé Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento, naceu en Vilafranca do Bierzo. A súa familia…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Tamén coñecido polo nome de Petróglifo Nº 1 das Pedras Minas, os gravados están formados por agrupacións de combinacións circulares, algunhas con cazoletas no seu interior.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Tamén coñecido polo nome de Petróglifo Nº 2 das Pedras Minas, os únicos motivos gravados localizados consisten en tres cazoletas situadas moi próximas entre si, a maior destas cazoletas mide 7 centímetros de diámetro e 3 de fondo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

O petróglifo atópase nunha edificación da aldea de Aragunde. Está formando parte do muro dunha vivenda, mais provén dunha finca próxima, da mesma propiedade que a casa (María Luisa Loureiro), e denominada Tallariña, Taleiriña ou Tilleiriña, situada a uns 200 ou 300 metros ao norte da vivenda.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro nas proximidades do lugar de Barral. No camiño que leva desde o Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral a este outro (distantes entre si 143 metros) recolléronse, en 1990, fragmentos de tégulas e cerámicas medievais de cor gris.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía