Casa dos da Riva

Casa dos da Riva - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Edificio de planta rectangular con dous andares, de estilo barroco. A fachada do Cantón da Igrexa está realizada en boas pezas de cantaría. Vese subliñada polo abondoso número de vans que a animan, cun total de cinco xanelas rectangulares no primeiro andar, e de tres portas e dúas xanelas cuadrangulares no andar baixo, dispostas de xeito simétrico. No primeiro andar, cara á dereita, sitúase un fermoso escudo dos da Riva, onde se pode ollar a familia Salgado no primeiro cuartel, os Reino no terceiro ou as faixas dos Parga no cuarto cuartel, entre outras familias. Na fachada que dá á rúa Castelao, os muros son de cachotaría rebocada, tamén con abondoso número de vans. Nas xanelas-balcóns, tanto dunha rúa como a outra, ten uns peitorís de ferro coado.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AC009
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Cantón da Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A balconada atópase nun estado de conservación de completo abandono.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (5)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pazo da Casa do Concello de Padrón

Pazo de Santa Cruz da Granxa

Calexa do Castro

Escola da Escravitude