Casa dos Trulock
Imaxe: María G. Zúñiga
Casa natal de Camilo José Cela, na que viviu o seu avó John Trulock, un inglés que chegou a Galicia para impulsar a primeira liña férrea que uniu Cornes, en Santiago, con Carril, en Vilagarcía, no 1882. O día 2 de agosto de 1983, produciuse un terrible incendio na vivenda, onde o tío materno do Premio Nobel, Jorge Trulock morre a consecuencia das queimaduras.
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias opcións, mais a que venceu finalmente foi a de Santiago a Carril. Foron varios os motivos; o primeiro, que a Sociedade de Amigos do País presidida por Montero Ríos e conformada por empresarios de Santiago, tiñan lazos tanto comerciais como persoais con Carril. O segundo motivo foi a importancia que estaba adquirindo o porto de Carril, onde a mediados do século XIX arribaban 22 vapores ao mes.
Foi en 1861 cando comezaron as obras, que non finalizaron até 1873. A liña inaugurouse o 15 de setembro con grandes celebracións, sendo lanzado un globo ao ceo e repartíronse mil libras de pan entre os máis necesitados.
A xestión deste primeiro ferrocarril galego, correu a cargo da compañía Ferro-Carril Compostelano da Infanta Doña Isabel, mais por distintos problemas, maioritariamente de índole económica, quedou en mans da compañía inglesa The West Galicia Railway Company, rexentada por John Trulock, avó de Camilo José Cela. Demasiado complicado o nome, incluso para un pobo acostumado a relacionarse con ingleses, de aí que acabara triunfando o alcume da Debés.
Nos seus 42 quilómetros de percorrido, a liña bordea a ría de Arousa, e os ríos Ulla e Sar. As infraestruturas máis destacadas son os túneles do Faramello e Conxo e dúas pontes metálicas en Conxo e entre Pontecesures e Padrón (Ponte de Ferro) sobre o Ulla. Tiña seis estacións intermedias: Catoira, Pontecesures, Padrón, A Escravitude, Osebe e O Casal.
Esta liña, ademais de servir de conexión de Santiago co seu "porto de mar", foi determinante no desenrolo comercial e industrial dos concellos do seu percorrido. Estes viviron unha grande explosión económica, sendo determinante na creación e incremento da industria, xa relativamente importante no desembarco de mercadorías e o seu transporte por estrada.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-AC029
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santa María de Iria Flavia
- Lugar: Iria Flavia
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.748643686275 , -8.6548264738738
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.