Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral
Imaxe: Colectivo A Rula
Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro no lugar de Barral. Trátase de dous afloramentos rochosos distantes uns 250 metros un do outro.
Son gravados moi sinxelos distribuídos sen orde aparente nos diferentes paneis insculturados. Só localizamos nunha das penedas un pequeno anel que semella de época histórica pola feitura do suco en V. Trátase dunha zona bastante alterada pola actividade dos canteiros e situada a pouco máis de 100 m dos restos da Torre de Barral cuxos cimentos oculta a vexetación á entrada da aldea.
Neste primeiro grupo son 5 as pedras con representación gráfica. As súas medidas oscilan entre os 3,20 x 2,50 metros para o máis grande e os 1,20 x 1 metro para a máis pequena. O motivo representado é en todas elas o das coviñas.
No ano 1990 recolléronse fragmentos de tégulas e cerámicas de cor gris medievais no camiño que leva dun grupo de petróglifos a outro.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-AQ006
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade do Bronce
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Miguel de Catoira
- Lugar: Barral de Arriba
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_003-GA36010003) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira
Sendón, A. Os petroglifos de Catoira
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.665206251374 , -8.7175146510348
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.