Busca

Amosando 193 - 205 de 205 resultados da busca.

No medio de Imo, nun outeiro, ao pé da Eira das Cabanas. A horta da Casa das Señoritas de Rial estaba dividida por un camiño denominado Entrehortas; na parte dereita, no lugar máis alto, está o pombal.


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Localizado nunha finca privada pechada, propiedade orixinalmente da familia co alcume dos Macanudos.

É de planta circular e muros de cachotería encintados con morteiro de cemento. Lousas de pedra perimétrica que sobresaen do muro á altura dos buratos existentes para a entrada e saída das pombas, na parte superior…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado entre os lugares coñecidos como Botafal (do Pombal para arriba) e Salamosa (do Pombal para abaixo).

De planta circular e muros de cachotaría, agás a porta de acceso que é de perpiaño, con folla de madeira e alintelada. Fachada encintada con morteiro de cemento, e lousas que sobresaen do muro á altura…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Atópase no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba.

De planta circular e muro de cachotaría enlucido con morteiro de cemento e encalado. Na zona alta, e coincidindo coas tres aberturas para a entrada e saída das pombas, lousa de pedra perimétrica. Cuberta a unha auga (ou de ferradura) con remate…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais