Lagoa de Pedras Miúdas

Lagoa de Pedras Miúdas - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: @galicia.verde

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local no ano 2008 pola Xunta de Galicia. Ten un volume de 105.000 metros cúbicos de auga e está rexistrada como humidal no Inventario de humidais de Galicia.

Na contorna que hoxe ocupa este espazo, localizábanse as Barreiras de Catoira, formadas por numerosos lugares de extracción de barro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-NA002
  • Outras denominacións: A Canteira
  • Tipoloxía: Espazos naturais
  • Cronoloxía:
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: Outeiro da Vila
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Espazo Natural de Interese Local (ENIL)

    Inventario de humedais de Galicia

  • Referencias:

    Aloia López Ferro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Carballeira de San Cibrán

Esteiro do Ulla

Lagoa de Pedras Miúdas