Busca
Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.…
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
O Monte Beiro, a 145 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación noroeste posibilita a seguinte panorámica: parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón,…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
A Chan do Cesteiro, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, ten unha orientación noroeste que lle permite dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga e Louro, alcanzando incluso a visión do río Ulla.
Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas
O Monte dos Salgueiros atópase a uns 221 metros de altura sobre o nivel do mar. Sobre a caseta forestal aquí emprazada, permítenos dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, alcanzando unha visión ampla da ría de Arousa.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.
Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas
A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas
Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Baseamento de planta cuadrangular formado por dúas gradas. A primeira de considerable altura. O pedestal é de feitío cúbico e labra basta e irregular, en comparación co resto do conxunto. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O corpo do esteo é cilíndrico. O capitel é de feitío troncopiramidal sobre colariño. A cruz é latina, de sección cuadrangular. Mostra as arestas rebaixadas e os cabos florenzados. No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Baseamento de planta octogonal formado por catro gradas. O pedestal é de planta octogonal con inscrición. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O desenrolo é oitavado por rebaixe das arestas laterais e remata nun colariño poligonal. O capitel é de feitío pseudocúbico, integrado no fuste da columna. A cruz ten unha base de planta cuadrangular. O corpo é de sección octogonal. No anverso móstrase a…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Capela de San Paio, con baseamento de planta octogonal composto por catro chanzos. Pedestal de planta octogonal. O varal, monolítico, ten unha base de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No corpo interior da cara sur hai un retablo de ánimas labrado sobre a mesma pedra, actualmente moi erosionado.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro acaroado á parte posterior da Igrexa de Santa Comba de Louro. Baseamento de planta rectangular dun só chanzo. Pousadoiro. Pedestal cúbico. Varal de sección cuadrangular no arranque e no remate, aínda que con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel adopta un feitío…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Atópase nun pequeno outeiro ao carón da Igrexa de Santa Comba de Louro, dende onde se ten un amplo dominio visual sobre a contorna. Baseamento de planta octogonal de tres gradas. O pedestal é un volume achaparrado de sección octogonal. Atópase decorado. Varal monolítico, cunha base de planta cuadrangular e corpo cilíndrico estriado. Capitel de feitío pseudocúbico…