Busca

Amosando 265 - 288 de 1739 resultados da busca.

Miradoiro localizado na Punta Fincheira que ofrece unhas fermosas vistas das praias de Quenxo e Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Panorámicas

Capela construída no ano 1671 sobre outra edificación anterior do ano 1561 que tiña como advocación a Nosa Señora da Cruz, feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular dunha soa nave con teitume a tres augas.

Construción de planta rectangular e unha soa nave dividida en tres tramos, realizada con muros de cantaría de granito e cuberta a tres augas de…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial que data do século XVII e que foi reconstruída en 1863.

Está feita a base de perpiaño granítico, posúe planta de cruz latina cunha soa nave e dúas pequenas capelas laterais de planta cadrada. A súa cuberta é a tres augas. A fachada principal, parcialmente reconstruída no ano 1863, posúe dúas pilastras laterais que sosteñen un frontón triangular; por…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura relixiosa

Capela reedificada en 1625 sobre outra xa existente, situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao sur de Iñobre. En orixe pertenceu ao conxunto do Pazo dos Caamaño ou Pazo de Vista Real.

Construción de planta rectangular, cunhas dimensións exteriores de 6,35 metros de ancho por 8,75 metros de longo. Formada por un único corpo con bóveda de canón e cuberta de…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura relixiosa

No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.

Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

O miradoiro do Castro Barbudo atópase a 331 metros de altura sobre o nivel do mar. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo na rúa do Campo de Arriba, situado nunha finca detrás da Casa do Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Miradoiro natural no Alto do Monte das Cruces, situado a 374 metros de altura sobre o nivel do mar, a escasos 60 metros do Marco da Pena das Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Hórreo no lugar de Asadelos.


Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Do Hórreo do Ferreiro da Vacariza só quedan os pés, xa que a estrutura superior de madeira desmantelouse debido ao seu estado.


Rianxo - Santa María de Isorna | Hórreos

O Monte San Gregorio atópase a 223 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santiago de Padrón | Panorámicas

O Monte Areal atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

Miradoiro construído ao abeiro das obras de construción do parque eólico do Monte Meda. Atópase a 424 metros de altura sobre o nivel do mar.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou…


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou este espazo, antigo vertedoiro, como miradoiro. Desde este punto privilexiado obsérvase o Canón do Lapido, o curso do río Ulla, algunhas pesqueiras e o…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

Miradoiro xusto á beira do leito de río Ulla, que permite ver moi de preto algunhas pesqueiras.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte da Grela atópase a 402 metros de altura sobre o nivel do mar, nos límites administrativos entre Padrón e Teo. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Padrón - Santa María de Cruces | Panorámicas

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas