Igrexa de San Salvador de Taragoña

Igrexa de San Salvador de Taragoña - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Xilgaro Soutariz

Igrexa parroquial que data do século XVII e que foi reconstruída en 1863.

Está feita a base de perpiaño granítico, posúe planta de cruz latina cunha soa nave e dúas pequenas capelas laterais de planta cadrada. A súa cuberta é a tres augas. A fachada principal, parcialmente reconstruída no ano 1863, posúe dúas pilastras laterais que sosteñen un frontón triangular; por riba da porta de acceso un oco semicircular. O conxunto remata nunha torre-campanario feita no ano 1865, de planta cadrada e tres corpos divididos por cornixas molduradas, e con remate en cúpula peraltada. No interior destaca a bóveda de canón rebaixada da nave principal. Tamén se pode ver un coro de madeira aos pés da nave. Ten un reloxo de sol. O acceso ao presbiterio realízase a través dun arco de medio punto apoiado sobre pilastras, ao igual que as dúas capelas, cubertas por bóvedas de canón.

Na contorna da igrexa hai dous exemplares de eucaliptos, que segundo contan, platounos algún dos curas da parroquia. Probablemente teñan máis de 150 anos. Había máis exemplares, mais fóronse cortando e empregando a madeira dun deles para facer os bancos da igrexa.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela da Virxe da Guadalupe

Igrexa de San Salvador de Taragoña

Igrexa de Santa María de Leiro

Igrexa de Santa Comba de Rianxo