Busca
Situado na entrada da aldea, ao sur da Eira de Abaixo, ao pé da estrada.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Localizado no centro da aldea, fronte ao lavadoiro, nunha pequena parcela aberta e totalmente abandonada e cuberta de vexetación.
A cimentación non se ve ao estar cuberto de vexetación, mais debe ter unha repisa a xulgar pola altura que ten o hórreo. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo.…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Na aldea de Arriba de Imo, na beira dun camiño e sobre un valado, fronte a unha fonte, detrás da Casa de Aguirre.
Este hórreo, de gran envergadura, está actualmente en…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
No lugar chamado A Rúa, no alto dunha costa, preto da Eira das Cabanas. Serve de peche dunha horta.
A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro moi alto de perpiaños de granito, cunha entrada alintelada no lateral leste, no interior da horta, onde tamén é visible un patiño ou esqueiras de pedra para o acesos ao hórreo. O tornarratos é unha…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Na horta da casa reitoral, na parte alta da aldea, formando parte do conxunto integrado por pombal, casa reitoral e outras dependencias.
…
Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos
Na Aldea de Abaixo, no xardín privado pechado que se estende trala casa nº 27.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Capela vinculada ao Convento do Carme, localizada no interior dunha masa arborada, na parte traseira do convento.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa
Os textos que seguen a continuación foron quitados dos perfís de Facebook de Rabunho rexeita e Xosé Comoxo Rodríguez.
Capela de reducidas dimensións da que só se conservan en pé as paredes do…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.
Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Restos dos muros do que se podería ter sido un cemiterio, situados na extensa parcela catastral do Pazo de Santa Cruz da Granxa.
Segundo contan veciños de Herbón, trataríase dun cemiterio proxectado para ser utilizado no lugar do parroquial, situado no atrio da…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…