Busca
Cruceiro de granito no interior do cemiterio, xunto á Igrexa de Santa María de Leiro. Base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal con de sección cadrada no contacto coa base. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha cruz sen imaxes de sección octogonal con remates cuadrangulares nos vértices superiores.
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Vía crucis sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Leiro. Cruces latinas sen imaxes, de sección cadrada e arestas chafranadas, con remates nos extremos. Realizadas en cantaría de granito, están apoiadas sobre bases cúbicas insertadas no muro de cachotaría do adro da igrexa.
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado sobre uns penedos no acceso á praza central do lugar da Capela, xunto á Fonte da Capela e á Capela do Pazo dos Calotes. Tan só se conserva o fuste, de sección hexagonal sobre unha base cadrada e plataforma de dous chanzos de granito. Existe unha…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, follas e cabezas de anxo con ás. A cruz é de sección cuadrangular, está recrucetada e decorada con remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado ten a cabeza ergueita e carente de coroa e no reverso está representada a Piedade. Na pedra deste…
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito no interior dunha finca particular dunha vivenda situada xunto á Igrexa de Santa María de Isorna. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais, no que apoia unha cruz de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e…
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira da estrada principal de Sestelo, nunha encrucillada de camiños ao norte da Igrexa de Santa María de Leiro. Plataforma de dous chanzos e base cúbica sobre a que se ergue un fuste octogonal con sección cadrada no apoio. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado no interior da finca do Pazo dos Calotes, xunto ao acceso á Capela do Pazo dos Calotes. Plataforma cadrada e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Falta a cruz e parte do capitel, con decoración vexetal.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
Vía crucis na contorna do adro da Igrexa de Santa Baia do Araño, situado na fachada que dá á estrada, sobre o muro de peche de cachotaría. Cruces de sección octogonal con remates florais nos vértices e apoio cuadrangular inferior.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
Cruz de granito sobre o muro de peche dunha finca situada no centro do núcleo, no camiño interior que baixa á praza principal. Sección cadrada e base troncopiramidal, coa imaxe dun cristo no anverso da cruz.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
Cruceiro situado xunto á fonte e lavadoiro de Suigrexa. Plataforma de dous chanzos e pedestal troncopiramidal, sobre a que se ergue a cruz, dunha soa peza de granito e sección cadrada, coas arestas chafranadas e decoración nos vértices superiores. Representacións figurativas coa imaxe dun Cristo no anverso da cruz e unha pequena Virxe central.
Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado no espazo verde da Lomba, entre os lugares de Rañó e Abuín. Plataforma de planta cadrada composta por cinco chanzos e base prismática con molduras xeométricas nas catro caras. Fuste circular, con remate en sección cadrada moldurada no contacto coa base, e capitel con decoración vexetal e rostros de anxos nas frontes. Cruz latina de sección circular e aspecto leñoso, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso. Trátase dun antigo cruceiro…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
En Rañó, no Parque Josefa Cerqueiras, fermoso cruceiro do século XVII de plataforma cuadrangular de cinco graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular recadrado, e imaxe dun bispo. Capitel cúbico de astrágalo cuadrangular liso, ábaco de lados rectos e decoración de volutas, follas de acanto e flores. A cruz, de sección cuadrangular e recrucetada, ten brazos con mediacana e remates florenzados con…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro principal do Vía crucis do Calvario, situado á beira da estrada principal, ao norte do lugar da Igrexa. Está situado a un nivel superior con respecto á rúa, sobre unha plataforma de dous chanzos. Base prismática coas arestas redondeadas sobre a que se ergue un fuste octogonal que remata nun capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e motivos vexetais. Cruz de brazos octogonais con remates cuadrangulares nos vértices e cun Cristo no anverso.
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado no Campo da Veliña no lugar de Rañó. Plataforma de catro chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha cruz de sección octogonal con remates nos vértices cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro situado á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Rial polo leste. Está asentado sobre unha plataforma de granito que compensa o desnivel entre as dúas rúas. Base cadrada con toro e escocias, apoiada sobre catro chanzos e varal octogonal con figuras no extremo inferior, que representan a Adán e a Eva e máis a unha serpe. Capitel decorado con volutas e cunchas, coroado por unha cruz de sección circular e aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito á beira da estrada que comunica os lugares de Meiquiz e a Igrexa de Santa María de Leiro. Plataforma de catro chanzos de granito e base prismática con relevos nos extremos superiores e molduras centrais. Fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base, e cunha imaxe de San Xoán na parte superior. Capitel troncopiramidal inverso…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro de capeliña realizado en cantaría de granito, situado ao noroeste do lugar de Or, sobre o cruce principal de acceso. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste prismático coas arestas chafranadas coa data de construción inscrita (1651). Capitel troncopiramidal con relevo frontal que sostén unha capela cunha imaxe tallada en madeira, e remata nunha cruz de sección cadrada con remates nos vértices e cun Cristo no anverso.
As tres figuras que…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de capeliña de granito situado nun extremo do lugar de Brión, á beira da estrada principal, no cruce que leva á Escola de Abuín. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal. Capitel con molduras que sostén unha capela sen imaxe, coroada por unha cruz de sección cadrada cun cristo no anverso. A capeliña ten un anxo ornamental na fronte. Foi…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado ao sur do lugar de Meiquiz. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada no apoio. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas, rostros de querubíns, e decoración vexetal. Cruz de sección circular e aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Tamén coñecido como o Cruceiro da Aldea Maldita de Abuín, é de granito situado ao noroeste do lugar de Abuín. Está asentado directamente sobre un penedo rochoso, con fuste de sección cadrada coas arestas chafranadas. Tan só se conserva parte do capitel, de formas pouco definidas. O nome fai referencia ás historias que se contan da época da Inquisición, xa que por esta zona…
Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos
Cruceiro sen imaxes, xunto ao acceso norte do Parque de Isorna. Plataforma de dous chanzos e cruz latina de sección cadrada, cun engrosamento no apoio.
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira dun camiño o sur do núcleo, preto muíño do rego de Bacelo. Cruceiro con capela sobre plataforma de dous chanzos e fuste octogonal moi groso. Capela coa imaxe dunha Virxe, apoiada sobre un capitel troncopiramidal inverso con relevo frontal. Cruz de brazos de sección cadrada con remates nos vértices e un Cristo no anverso.
…
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito que se empraza no lugar de Quintáns, á beira do río Ulla. Non forma parte do vía crucis da Ruta Xacobea do Mar de Arousa, posto que é moito máis antigo que os que forman esta ruta.…
Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos
Cruceiro de granito situado á beira do camiño real, no interior dun recinto cercado por un muriño de pedra. Plataforma de dous chanzos con base cadrada de dous corpos, con toro e escocias superiores e inscricións nos catro lados do volume inferior, coa data de construción do cruceiro (1907). Fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base e capitel decorado con formas vexetais e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e carácter leñoso cun Cristo no anverso…