Cruceiro da Agra de Boreiros

Cruceiro da Agra de Boreiros - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Nati Rey

Cruceiro de granito situado no espazo verde da Lomba, entre os lugares de Rañó e Abuín. Plataforma de planta cadrada composta por cinco chanzos e base prismática con molduras xeométricas nas catro caras. Fuste circular, con remate en sección cadrada moldurada no contacto coa base, e capitel con decoración vexetal e rostros de anxos nas frontes. Cruz latina de sección circular e aspecto leñoso, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso. Trátase dun antigo cruceiro dos meniños.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER078
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Abuín
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-077)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    La Voz de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Suigrexa

Vía crucis da Igrexa de Santa María de Leiro

As Trece Cruces

Cruz do Rei