Cruceiro do Calvario

Cruceiro do Calvario - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Celso Suárez

Cruceiro principal do Vía crucis do Calvario, situado á beira da estrada principal, ao norte do lugar da Igrexa. Está situado a un nivel superior con respecto á rúa, sobre unha plataforma de dous chanzos. Base prismática coas arestas redondeadas sobre a que se ergue un fuste octogonal que remata nun capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e motivos vexetais. Cruz de brazos octogonais con remates cuadrangulares nos vértices e cun Cristo no anverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER070
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-069)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz do Vía Crucis do Calvario

Cruceiro da Igrexa de Santa María de Asados

Cruz de Isorna

Cruceiro da Agra de Boreiros