Cruceiro dos Meniños

Cruceiro dos Meniños - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Helena Villar Janeiro

Cruceiro do tipo de capeliña de granito situado nun extremo do lugar de Brión, á beira da estrada principal, no cruce que leva á Escola de Abuín. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal. Capitel con molduras que sostén unha capela sen imaxe, coroada por unha cruz de sección cadrada cun cristo no anverso. A capeliña ten un anxo ornamental na fronte. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

A súa denominación venlle dada porque até pasada a metade do século XX, ao seu pé, enterrábanse aos meniños que falecían antes de seren bautizados, para así deixalos achegados ao sagrado.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER063
  • Outras denominacións: Cruceiro da Veiga
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1675
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Brión
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Recentemente usouse algún produto químico para “limpar”, posto que se intúen liñas das gotas do produto empregado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-063)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    La Voz de Galicia

    Patrimonio Galego

    Xenealoxías do Barbanza

    Helena Villar Janeiro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Gómez

Cruceiro das Miráns

Cruceiro de Brión

Cruz do Rei