Busca

Amosando 337 - 360 de 3962 resultados da busca.

Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 2 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Situada no lugar de Tras da Veiga, nunha finca privada. Trátase dunha capela de planta rectangular con presbiterio máis elevado que a nave e cuberta a catro augas. O seu paramento aparece conformado en cantaría de granito rematado nunha cornixa perimetral moldurada, situando unha bufarda sobre o lintel da porta de acceso principal. Coroa a fachada unha espadana dun único oco que carece de sino.

No seu interior albergaba unha…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura relixiosa

Casa grande de factura tradicional que combina paramentos de distintas tipoloxías, e que se presenta pouco alterada respecto da súa tipoloxía orixinal. De planta en forma de U, dous andares e cuberta a dúas augas. Destaca a súa fachada oeste, onde se sitúa un fermoso balcón cuberto e corrido, sustentado por columnas que ocupa toda a fachada e ao que se accede a través dunha escaleira exterior de dobre tiro, gorecida por…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Casa grande localizada estratexicamente á beira do Camiño Real e da Ponte Vella de Catoira, que aparece conformada por dous corpos rectangulares que definen un andar en forma de L e dous andares levantados en cantaría de granito. Está rodeada…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

O edificio, de estilo ecléctico, unicamente conserva a fachada en pé. Levantada en granito de boa calidade, a súa fronte presenta unha serie de ocos regulares organizados en rúas verticais e horizontais: no eixo un conxunto de tres ocos agrupados con protagonismo do central (alintelados no andar primeiro e baixo arco de medio punto arriba), e un par de vans organizados verticalmente nos extremos. Coroa o inmoble un acroterio de deseño simple que sitúa un óculo…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Os gravados localízanse sobre a superficie horizontal do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose un total de 9 combinacións circulares, a maior das cales está formada por 5 círculos concéntricos, así como 5 cazoletas illadas.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

O castro sitúase nos arredores da igrexa parroquial, nun esporón do Monte Xiabre, conservándose o topónimo nas fincas dos arredores. 


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Gravado localizado sobre unha rocha de granito de aproximadamente 1,8 metros de lonxitude no eixo NS e 1,5 de anchura no eixo EW, situada ao carón da canle do Muíño dos Portugueses.

Sobre a…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Tamén coñecido polo nome de Petróglifo Nº 2 das Pedras Minas, os únicos motivos gravados localizados consisten en tres cazoletas situadas moi próximas entre si, a maior destas cazoletas mide 7 centímetros de diámetro e 3 de fondo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

O petróglifo atópase nunha edificación da aldea de Aragunde. Está formando parte do muro dunha vivenda, mais provén dunha finca próxima, da mesma propiedade que a casa (María Luisa Loureiro), e denominada Tallariña, Taleiriña ou Tilleiriña, situada a uns 200 ou 300 metros ao norte da vivenda.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro nas proximidades do lugar de Barral. No camiño que leva desde o Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral a este outro (distantes entre si 143 metros) recolléronse, en 1990, fragmentos de tégulas e cerámicas medievais de cor gris.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro no lugar de Barral. Trátase de dous afloramentos rochosos distantes uns 250 metros un do outro.

Son gravados moi sinxelos distribuídos sen orde aparente nos diferentes paneis insculturados. Só…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Xacemento pouco alterado debido ao seu estado de ruína. Documentáronse fragmentos cerámicos de tipo gris medieval. Trátase dunha edificación con forma trapezoidal alongada e non de todo regular. As súas dimensións son de 26,5 metros para o eixo maior e unha anchura que varía dos 2 aos 7 metros.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

A Finca da Capela, localízase nun par de chousas (atópanse pechadas perimetralmente por un muro de cachotaría) destinadas a viña organizadas en socalcos, e situadas dentro do núcleo tradicional de San Salvador. Este xacemento estaría integrado nun espazo sagrado no que tamén habería un edificio relixioso (de aí o topónimo), que podería terse erguido no lugar que hoxe ocupa a…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre un pequeno outeiro, ocupando dúas posicións diferentes: tres pequenas cazoletas (rocha 2) sobre unha pequena superficie horizontal situada aproximadamente 1 metro. Por debaixo da parte máis alta do afloramento; e unha combinación circular duns 18 centímetros (rocha 1), formada por dous círculos concéntricos con cazoleta central e apéndice radial, a unha cota inferior, na ladeira…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre a superficie lixeiramente inclinada do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose unha combinación circular, formada por catro círculos concéntricos, o máis interior rebaixado. Do interior da combinación parte un apéndice radial que conforma un espazo alongado no exterior da combinación; no interior deste espazo hai doce cazoletas e dous…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Túmulo megalítico de aproximadamente 20 metros de diámetro e 1,5 de alto. Presenta un furado de violación central duns 4 metros de diámetro e 60 centímetros de fondo. Localízase uns 80 metros ao leste e a uns 30 ao norte da pista forestal.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre a superficie lixeiramente inclinada do afloramento e consisten nunha combinación circular formada por catro círculos concéntricos, con cinco cazoletas no círculo interior e un pequeno apéndice radial. Este gravado ten un risco de desplacamento moi elevado a causa do lume, que danou seriamente a rocha soporte.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre tres rochas pertencentes a un gran afloramento granítico, moi fragmentado, situado nun pequeno rechán da ladeira.

Todos os gravados localizados son de carácter xeométrico:


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Trátase dun túmulo megalítico de aproximadamente 15 metros de diámetro e 1 de alto. Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo. Asemade, o volume da masa tumular parece estar lixeiramente rebaixado como consecuencia da actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía