Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas

Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas - Catoira - Santa Baia de Oeste

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao seu fillo, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa (1915-1959), naquela altura comisario de escavacións arqueolóxicas, entre outras moitas ocupacións.

En El trayecto voacional de un arquólogo, o profesor Ángel Núñez publica anotacións da axenda de traballo de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa. Unha desas anotacións dá a data exacta na que visitou Catoira e incia quen foi a persoa que o orientou para chegar até o monumento megalítico: "3 de abril de 1955. Excursión a Catoira. López, el de la papelería "El Sol" me habla de conchas en la Balastrera. No las encontramos. Frente a la Balastrera otro montículo también de cantos rodados y limonita. Descubro dos mámoas y las fotografío. Tienen sepultura megalítica, saqueada. Se llama "Monte das Mámoas". Pregunto y no saben decirme el porqué de este nombre." p. 23 e 24.

A mámoa presenta unha forma máis ou menos circular, coa terra pertencente á masa tumular desprazada cara o SE, debido á maior pendente do terreo nese sector. O eixo maior ao NS con 24 metros e o lado EW con 21 metros. A altura maior está no lado NE cunha altura de 1,80 metros e a menor con 80 centímetros. O perímetro é aproximadamente de 60 metros, sendo difícil establecelo con exactitude pola pendente do terreo, que se confunde coa masa tumular.

A violación central é rectangular antrópica de forma irregular e esquinas redondeadas con 3,95 metros de longo, 90 centímetros de anchura e a profundidade actual duns 20 centímetros, se ben hai 20 anos era de 46 centímetros. No centro da violación queda ao descuberto un ortostato da cámara.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AQ004
  • Outras denominacións: Mamas I ou Mámoa Nº 1 da Balastrera
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: Balastrera
  • Acceso a pé: Regular
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_001-GA36010001) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Ilha de Orjais

    Colectivo A Rula

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 1 de Menlle

Marcos do Pinar do Rei

Petróglifo Nº 1 das Lagoas

Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas