Busca

Amosando 25 - 48 de 52 resultados da busca.

Na paraxe coñecida como Campo Redondo emprázase a rocha que contén os gravados, e que xa fora descrita por X. Ferro Couselo (1952, p. 94) e por F. Bouza Brey-R. Sobrino (1948, p. 333-343). Nos dous casos, reproducen os motivos observados. Da rocha principal, a representación máis fiel e exacta é a realizada por F. Bouza Brey-R. Sobrino. Así, esta rocha principal presenta unha forma alongada, en sentido nordeste-suroeste, séndolle esnaquizada a parte dereita centro-…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Na zona máis alta do Outeiro dos Penoucos de Campo Redondo, xa no límite con Pontecesures, localízase unha rocha de considerables dimensións, na que se atopa unha concentración de cazoletas (20 coviñas) e un posible círculo simple. A rocha ten unha forma tirando a rectangular, coa superficie chaira e con lixeira inclinación cara o sur-suroeste. Na parte superior aparecen as cazoletas, que non semellan formar motivo definido algún. Este petróglifo emprázase a menos de 200…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela. No termo municipal de Valga, o camiño percorre as parroquias de Cordeiro e Valga, non perdendo de vista en ningún momento ao río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Localizouse durante a revisión da microtoponimia catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo posteriormente inspeccionada a zona no traballo de campo. Trátase dunha paraxe inmediata ao paso da vía do ferrocarril Pontevedra-Santiago, que actualmente permanece inculta na súa maior parte.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Localizouse durante o baleirado catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo revisada a zona sen documentarse evidencia arqueolóxica algunha. A pesares dos dous topónimos Castro e Foxo, e da confirmación sobre a existencia dun tramo do Camiño Real (hoxe asfaltado), non é posible verificar ningún indicio de índole arqueolóxica. Debe recoñecerse que toda a superficie se atopa moi…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse nas listaxes catastrais, o haxiotopónimo que coincide nunha zona de cruce de pistas, con algunha vivenda, situado a escasa distancia, cara o norte, da igrexa parroquial de San Salvador de Setecoros. Non se observa indicio algún de vestixios antigos, nin tampouco puideron conseguirse referencias sobre a orixe da denominación.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, detectouse o topónimo durante a revisión das listaxes catastrais actuais, confirmándose a súa localización en campo, coincidindo o emprazamento cunha zona de terrazas en ladeira, que mira cara o val do río Louro. Non se observa vestixio algún de estruturas nesta zona, e tampouco, durante as enquisas realizadas, se recolle referencia oral algunha sobre a…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Segundo o especialista en toponimia galega, Fernando Cabeza Quiles (Os nomes da terra, topónimos galegos), Setecoros é un topónimo que se pode interpretar como unha composición do numeral "sete" e do substantivo prerromano “cor/coro" (pedra), en alusión ás sete formacións pétreas que rodean a meseta da Eira dos Mouros, situada no cumio do monte que se eleva sobre a parroquia de Setecoros.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

O topónimo Castelo aparece en planimetría recente, situándose no límite entre Valga e A Estrada, e moi próximo ao linde destes dous concellos con Cuntis. Sen embargo, en inspección realizada para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non ofreceu resultado positivo algún, ao non terse localizado indicios estruturais claros en ningunha das zonas revisadas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, detectouse o topónimo durante o baleirado e revisión das listaxes catastrais actuais, sendo posteriormente comprobado en campo. A revisión realizada resultou infrutuosa, ao non terse identificado na zona (situada ás aforas do núcleo de Raxoi, na parte baixa cara o sur-suroeste) indicio algún de natureza arqueolóxica.


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Localizada durante un traballo específico nesta zona, segundo descrición dos autores da intervención mencionada, a mámoa tería unha altura de 1 metro e unhas dimensións cifradas en 24 metros de diámetro, con buraco de violación central de 4 metros de diámetro e 40 centímetros de profundidade.

Na superficie da masa tumular que conforma a mámoa, poden apreciarse abundantes pedras de granito, de tamaño pequeno e mediano, e que poderían corresponder con restos dunha…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Xacemento xa catalogado nos estudos previos da concentración parcelaria na parroquia de San Miguel de Valga no 2004, mais non localizado na actualidade.

No informe do 2004 describe “soporte: afloramento granítico orientado cara ó O cunhas dimensións de eixo N-S 2,5 m. E eixo L-O 1,8 m. Motivo:…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Xacemento xa catalogado nos estudos previos da concentración parcelaria na parroquia de San Miguel de Valga no 2004. O túmulo ten forma circular e grandes dimensións. Atópase totalmente cuberta de mato e piñeiros repoboados ao redor do 2004, onde xa se mencionan as roturacións sufridas no túmulo. Aprécianse pequenos fragmentos cuarcíticos e graníticos, probablemente da coiraza.


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Rocha granítica situada a carón da estrada que se dirixe dende Martores a Requián. Presenta unha orientación noroeste-sueste de 2,70 por 5,20 metros de longo. Neste soporte, e nun panel figurativo de 2,70 por 2,20 metros, están representadas 7 cruces latinas, unha delas con pé. Presentan unhas dimensión medias de 20 por 10 centímetros. Están bastante erosionadas, salvo a que presenta o devandito pé, que ten un suco…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

Túmulo de grandes dimensións situada nunha plataforma localizada no límite entre Valga e  A Estrada, tendo ao sur o río Valga e ao norte a estrada que vai dende Martores a Requián. Presenta un buraco de violación central moi colmatado, no que se aprecian dúas pedras graníticas interpretables como dous ortostatos da suposta cámara funeraria do túmulo. Na súa superficie poden apreciarse pedras graníticas…


Valga - San Miguel de Valga | Arqueoloxía

No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar de Agramar, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía

Polo Camiño Marítimo Arousa-Ulla, é por onde os peregrinos entran pola Ría de Arousa e acceden á desembocadura do río Ulla, desembarcando e (Iria Flavia), seguindo o camiño a pé até Compostela. En Padrón prodúcese a unión da Ruta Marítima e o Camiño Portugués.

Segundo a tradición e diversos textos medievais, os discípulos de Santiago recolleron o seu corpo e amortallárono.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar das Cortinallas, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

O Monte Beiro, a 145 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación noroeste posibilita a seguinte panorámica: parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

A Chan do Cesteiro, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, ten unha orientación noroeste que lle permite dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga e Louro, alcanzando incluso a visión do río Ulla.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

O Monte dos Salgueiros atópase a uns 221 metros de altura sobre o nivel do mar. Sobre a caseta forestal aquí emprazada, permítenos dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, alcanzando unha visión ampla da ría de Arousa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas