As Cortinallas

As Cortinallas - Valga - Santa Cristina de Campaña

No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar das Cortinallas, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do Bronce.

Nas 20 hectáreas de solo sondado en Agramar, e tamén na zona contigua das Cortinallas, reflexaron o intenso tráfico comercial que houbo no pasado a través do Ulla, co rexistro duns 70 fragmentos de cerámicos da época romana, medieval e moderna. Alén destes obxectos, a prospección meramente visual, sen catas, permitiu documentar unha nova estación rupestre con cazoletas nun soporte granítico, unha área con material medieval, relacionada coa explotación agraria na contorna da Devesa, e un xacemento non catalogado con abundante material de época romana duns 7.000 metros cadrados que semella ter muros perimetrais, e que se localiza na área no que Pomponio Mela sitúa a Turris Augusti. O estudo baralla que tamén podería tratarse dun porto fluvial romano.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mosteiro de San Paio

Ruta Xacobea do Mar de Arousa

Santa Comba

Túmulo da Cruz do Valado