Busca

Amosando 169 - 192 de 233 resultados da busca.

Baseamento de planta cuadrangular con tres chanzos. Pedestal de feitío cúbico con amplos chafráns nas arestas superiores. O varal posúe sección cadrada na base e desenrolo oitavado. Remata cun colariño cúbico que dá paso ao capitel que se atopa integrado no mesmo e estruturado a xeito de vaso cilíndrico enmarcado por molduras curvas. A cruz é de feitío latino e sección octogonal. O anverso mostra un Cristo crucificado e o reverso á Virxe de pé sobre unha peaña.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cadrada e tres chanzos cun aliñamento irregular. Pedestal formado por dous corpos diferenciados e inscrición acerca dos promotores e ano do encargo (1889). Varal monolítico de sección cadrada nas partes inferior e oitavada na parte central. Capitel de feitío troncopiramidal invertido, case cúbico decorado con follas de acanto e cabezas de anxo.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruz latina de granito de brazos desiguais e rematados con estremos pontenzados. Conformada dunha soa peza, sen baseamento. O pedestal é un bloque granítico irregular. A sección é cuadrangular con catro acanaladuras que percorren as arestas. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a Cruz…

Contan os veciños que anteriormente estaba localizado na contorna da Capela dos Martores. Baseamento de planta cuadrangular composto por catro chanzos. O inferior é de cemento, recentemente engadido ao primixenios, todos eles de pedra. Pedestal cúbico cunha inscrición pequena cara o sur. Varal de arranque en sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular desenrolada en tres chanzos. O pedestal apoiase sobre un pequeno plinto e coróase cunha moldura curva. O seu corpo principal ten os catro lados epigrafiados. O varal é de sección cuadrangular na base e oitavada no desenrolo, como consecuencia do rebaixe das arestas. Presenta dobre capitel. Un integrado no varal e o outro independente de feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina, de sección cuadrangular no arranque e desenrolo…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Localizado no campo da festa, xunto ao palco da música e a Escola de Xanza. Cruceiro con pousadoiro e baseamento de planta cuadrangular desenrolada en catro chanzos. O pedestal é de feitío cúbico e aparece epigrafiado mediante gravura nos catro lados. Varal monolítico cunha estruturación…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría. Pedestal cúbico e labra irregular. Cruz latina de sección cuadrangular no arranque. Rebáixanse as arestas para dar lugar a unha sección xenérica oitavada. Posúe os cabos florenzados e ornamentados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría co pedestal cúbico. Emprazada dentro dos terreos propiedade da INTAVALSA.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Calvario e vía crucis situado no adro da Igrexa de San Miguel de Valga, fronte á porta principal. A cruz central posúe sección cadrada e destaca polos seus relevos da Paixón e o relevo da man de Caifás. As cruces laterais son de sección octogonal.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Parte saínte da costa no lugar de Quintáns, que penetra no río Ulla.


Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulapróxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 190 metros, xunto ao Castelo da Lúa.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 330 metros, onde se localiza unha cheminea industrial pertencente a un antigo serradoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 50 metros, xunto ao Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Parte saínte da costa preto da Praia do Tronco.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais